Mckee, David (2015). Elmer. Ilust. do autor, trad. Montserrat Paz. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Pequeno Merlín (primeiros lectores), [32 pp.]. (ISBN: 84-8302-149-8).
Descrición do formato e contido: esta obra é un álbum ilustrado narrativo en galego sobre unha historia orixinal que forma parte da colección "Elmer´stories". O libro preséntase nun formato rectangular e de tamaño medio. As súas cubertas chaman a atención pola multitude de cores que conteñen. Son de cartolina fina e brandas, no que resalta o título e o personaxe principal, os cales están en relevo. No interior os debuxos das páxinas tamén presentan unha continuidade. O texto aparece en cor negra, minúscula e situado en diferentes partes da páxina. A letra é case sempre do mesmo tamaño, exceptuando as expresións exclamativas que aparecen recalcadas en negriña e en maiúsculas para chamar a atención dos nenos/as.
No que se refire ao contido, Elmer trata dun elefante, coa pel de moitas cores que a pesar de ser querido por todos os seus amigos, xa que sempre os fai rir e pasalo ben, se sente diferente ao resto. Un bo día decide marchar dar un paseo ata chegar a unha árbore con froitos cor elefante, onde se lle ocorre rebozarse nos froitos co fin de ser de igual cor có resto de elefantes. Ao volver dáse conta de que ninguén o recoñece e están moi tristes pola súa ausencia. Pouco despois decide darlle un susto a todos para que saiban que el é Elmer. A partir dese momento deciden que todos os anos farán unha festa na que el será gris e os demais estarán cheos de cores.
Potencialidades educativas: Este álbum ten múltiples potencialidades, entre as que destaca o seu fomento da diversidade como algo positivo, así como potenciar a autoestima ao facerlle comprender aos nenos/as que hai que aceptarse tal como somos.
Tamén é importante incidir no valor da amizade pese ás diferenzas persoais. Por outro lado con Elmer poderemos aprender moitos aspectos que teñen a ver co mundo dos animais.
Recursos:
· Aula de Elena. (2018). Cuéntame un cuento: Elmer. http://www.auladeelena.com/2014/12/cuentame-un-cuento-elmer.html
(consultado 04/03/2018).
Blog no que podemos ver actividades sobre o libro e ademais dunha guía de lectura sobre o conto de Elmer. As actividades pódense aproveitar para facer despois da lectura e comentar que foi o que máis gustou do conto.
· Canción de Elmer. YouTube. (2018). ELMER (De mil colores).wmv. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=TpNx3i0WIBM
(consultado 02/03/2018).
·Covelo, Sandra (2017). “Elmer”. En Primeiraslecturas https://primeiraslecturas.blogspot.com.es/2017/02/elmer.html?q=elmer%20 (consultado 20/02/2018).
· Narración do conto apoiada con ilustracións da obra. YouTube. (2018). “Elmer el elefante de colores”. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=rEHQ48aTuUY
(consultado 04/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario