Richardson, Justin; Parnell, Peter (2005).Con Tango son tres. Ilustr. Cole
Henry. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [32 pp.]. (ISBN:
978-84-8464-984-7).
Breve descrición do formato e contido da obra: volume de
formato rectangual, de tapa dura e cunhas dimensións de 22x27 cm, no que xa
dende a cuberta se nos presenta aos tres personaxes principais: dous pingüíns
adultos e a súa filla. Na contracuberta obsérvase
unha gran familia de pingüíns, que deixa entrever que van a ter relación cos
personaxes principais. Dende o punto de vista paratextual é de salientar unha nota dos autores na que confesan que a
historia do conto está baseada en feitos
reais.
Ao longo do
volume as cores predominantes son neutras e cálidas, as imaxes corresponden á
vida real, interpretando os lugares nos que transcorre a historia tal e como
son.. A estreita relación das ilustracións co texto e o enriquecemento mutuo
que supoñen ambas as lecturas permítenos cualificar a obra como álbum ilustrado,
combinándose as ilustracións a toda páxina con outras parciais e acompañadas
dun texto ou dunha frase simple.
A obra está
dispoñible en diversos idiomas: castelán, Tres
con Tango; catalán, Amb la Tango són
tres; euskera, Tango iritsita, hiru
dira; ouportugués, Três com Tango. Ademais conta con
premios como: Premio
Henry Bergh 2005 (Sociedad Americana para la prevención de la crueldad contra
os animales); Libro infantil distinguido 2006 (Asociación Americana de
Bibliotecas); Mejor libro familiar de 2006 (Nickelodeon Magazine); Mejor libro
del año 2006 (Premios Bank streetcollege of education); ou o recoñecemento como
Finalista do premio Lambda 2006.
Dende o punto de vista do contido, a historia céntrase
na cidade de Nueva York
e concretamente no zoo de Central Park, no cal residen diferentes familias de
animais. A dos pingüíns é unha familia moi grande, onde se van emparellando
machos e femias para procrear. Non obstante, entre eles aparece unha
parella de machos que sempre fan todo
xuntos ata o seu fogar, Roi e Silo. O coidador do zoo, ao observar a situación
decide pór un ovo que encontrara no seu
niño e despois de chocalo naceu Tango: coidárono, alimentárono e foi a primeira
pingüín en ter dous pais.
Potencialidades
educativas: esta obra permite aos nenos/as coñecer as familias de
animais e que pode haber diferentes integrantes dentro delas, ademais de onde
habitan. Ensínanos a respectar as diferenzas e a diversidade, neste caso de
opción sexual. Tamén axuda a explicar que cada crianza pode ser reproducida de
diverso modo, como a adopción, e a entender a tolerancia como un valor necesario ante calquera diversidade
para respectala.
Recursos de
interese:
Mora Trujillo (2015). Tres con Tango. En Youtube https://www.youtube.com/watch?v=R0xnuDjjCao
(consultado 25/02/2018).
Biblioteca
Municipal da Coruña (2014). Contacontos: Tres con Tango. En Youtube https://www.youtube.com/watch?v=7zPAdrVR33U
(consultado 25/02/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario