Queralt, Carmen (2014). Quen é ese becho? Trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka,
[23 pp.], (ISBN: 978-84-8464-899-4).
[23 pp.], (ISBN: 978-84-8464-899-4).
En canto ao texto, utilízanse letras maiúsculas grandes que poden facilitar a comprensión e
recoñecemento dos máis pequenos, pois aínda que hai algunhas páxinas nas que aparecen frases,
na maioría dos casos só aparece unha palabra (un adxectivo), de maneira que chama a atención dos
nenos e fomenta que se busque o recoñecemento. Na última páxina a cor do texto cambia e vólvese
branco, para destacar a mensaxe: “o becho máis becho de todos es ti”. Isto faise coa intención de
interpelar ó lector para que este se decate de que tamén ten algo único e especial que aportarlle ao
mundo e por iso debería engadir unha foto súa no libro. Por todo o dito, a lectura desta obra pon en
valor a diversidade e ao aprender a apreciar aos demais, os nenos tamén deberán valorarse a si mesmos,
de aí a imaxe final do libro.

Potencialidades educativas: o que se pretende principalmente con este libro é que os nenos e as nenas sexan capaces de ver que son especiais e únicos, e non por iso mellores ou peores que os demais. Desta maneira poderemos mellorar as relacións entre os nenos, potenciando o respecto e a colaboración entre eles. Á parte, grazas a este libro poderán aprender partes do corpo e non só do seu, senón tamén dalgúns insectos, o que lles servirá para coñecer mellor o medio no que viven. Por todo isto consideramos que é un bo material para traballar nunha xornada ao aire libre, potenciando aspectos como a interacción coa contorna e o coñecemento dos animais.
Recursos de interese:
- Martínez Montero, Pili (2017). Quen é ese becho. Interpretación do conto, personalizándoo coas
(consultado o 30/03/2018).
- Roig Rechou, Blanca-Ana (2015). Informe de literatura 2014. En
Ola Iria. Como mostras na descripción desta obra, serve para ensinarlles aos nenos que ser único é unha vantaxe. Este é un valor que se debe ensinar dende os inicios da vida. Ben escollida a obra. Ademais, gústame a túa idea de poder facer unha xornada ao aire libre a partir do libro. Un saúdo
ResponderEliminar