Descrición do formato e do contido: álbum
ilustrado de cartoné e de pequenas dimensións (17x17cm). Na cuberta aparece o
título do libro no centro e na parte
superior a editorial e o nome do autor. Nesta, podemos ver aos bolechas no
medio da carreira. A imaxe correspóndese a unha das do interior do libro e que
está situada na primeira competición que se nos presenta na obra. Na
contracuberta atopamos a familia bolechas coas súas bolsas, o que podemos
interpretar que van camiño da casa despois dun longo día. Nas gardas dianteiras
e traseiras temos unha presentación de todos os protagonistas. Nestas páxinas aprendemos
o nome de cada un dos membros e a súa posición dentro da familia, é dicir, se é
o irmán maior, o pequeno,... As dúas páxinas anteriores as gardas traseiras, dannos
a coñecer todos os lugares no que ocorre a historia e, xunto a estes, imaxes
propias do álbum para que o poidamos situar sen ningún tipo de problema. As
ilustracións están representadas unha por páxina, son coloridas e con debuxos
ben definidos cun carácter infantil. O texto acompaña cada unha das
imaxes cun tamaño adecuado para a lectura e combinando diálogo con narración.
Nas dúas últimas imaxes, a cor do texto é cambiada de negro a branco. Podemos
relacionala co momento do día no que transcorren esas ilustracións: a noite. O
emprego desta cor pode suxerirnos luz, algo do que se carece a esas horas, ou
tamén poden semellar as estrelas do ceo.

Potencialidades: o exemplar permítenos
traballar a amizade posto que a pesar da competitividade que está presente todo
o tempo ao final é esquecida dándolle prioridade ao compañeirismo. Ademais os
Bolechas van ata Poio para formar un equipo co seu amigo Samuel e para
axudarlle a cumprir o seu obxectivo: gañar ao equipo verde. Outro tema a tratar
son os lugares que van aparecendo na historia. Podemos investigar sobre eles,
onde están situados, que podemos ver alí,... O álbum trata unha tradición de
Poio, as carreiras das festas de verán, polo que tamén podemos indagar sobre
outras que podemos atopar nese lugar e facer unha lista sobre as nosas
costumes.
Recursos de interese:
-
Representación
do libro en formato vídeo por Os7sabios (2011) https://www.youtube.com/watch?v=lJniB-bSsnc
(consultado o 16/04/2018).
- Canle
dos bolechas que conta con vídeos sobre as súas historias creado no 2012 https://www.youtube.com/channel/UCIKpYhCikYtM6ndACCOWHnA
(consultado o 16/04/2018).
-
Páxina
oficial dos Bolechas https://www.osbolechas.gal/
(consultado o 16/04/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario