martes, 3 de abril de 2018

En cabárceno se sigue cantando

Herrera, Susa (2015). En Cabárceno se sigue cantando. Ilust. Violeta Monreal. Santander: Montañas de papel edicións, [idade +3 anos], 43 pp. (ISBN: 978-84-16386-18-5).



Breve descrición do formato e do contido: é un álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 43 páxinas e tapas duras dun tamaño de 24x21 cm. Na cuberta aparece un tigre debuxado con recortes de follas e de xornais sobre un fondo dividido en dúas cores, unha parte azul con pequeniñas flores e a outra metade en branco. O título escrito con letras de diferentes tamaños, escrito en vermello, agás  a palabra Cabárceno, que está escrito nunha tipografía diferente e en cor branco rodeado de vermello. O nome da autora e da ilustradora están escritos en azul, mentres que o nome do produtor musical está escrito en branco. Na parte inferior dereita aparece unha muller e un rapaz. Na contracuberta aparece unha chama no mesmo fondo azul e branco, aínda que neste caso a parte branca é moito máis pequena. Na parte azul en letras brancas aparece unha breve descrición deste álbum. Na parte superior,de esquerda a dereita, atopamos un debuxo dun sol en cor amarela e o debuxo de dous CDs. Nas gardas dianteiras recréaseeo debuxo dun prado verde no que hai moitas flores de distintas cores cun ceo en azul claro con pequenas flores debuxadas en branco. Nesta garda atopamos un CD complementario que contén as cancións representadas no libro. Nas gardas dianteiras atopamos o mesmo prado con flores pero en cores máis escuras. Na portada aparece o título do álbum escrito en vermello, acompañado  do nome da autora, da ilustradora e do produtor musical; tamén aparece o debuxo de dous nenos e un rato.
No interior do libro aparecen moitas ilustracións que acompañan o texto, que está escrito nunha letra de tamaño medio e sinxelo. As dez cancións do libro aparecen en diferentes linguas, primeiro en castelán e despois en catalán, éuscaro e galego, escritas nunha cor diferente para cada idioma. Os títulos de cada canción preséntanse en maiúsculas con distintos tipos de letra e en negro. As ilustracións presentes nas páxinas gardan relación coa canción á que acompañan. Os protagonistas son dez animais diferentes, como son o babuíno, o rinoceronte, o falcón peregrino, o facócero, o elefante africano, a chama, o tigre, a serpe de cascabel, o bisonte europeo e o watussi.

Potencialidades:
Con este álbum ilustrado pódese traballar dous temas principais, os cales son as diferentes características dos animais que se presentan en cada canción e, por outro lado, as distintas habitas nas que viven os protagonistas das cancións.

Recursos en liña:
Presentación do libro e das cancións: https://www.youtube.com/watch?v=yiJvQafG5dI
Algúns vídeos na que a autora e compositora Susa Herrera canta e baila:

Ningún comentario:

Publicar un comentario