mércores, 4 de abril de 2018

Leopoldo e Casilda

Kulot, Daniela (2007). Leopoldo e Casilda. Ilustr. da autora, trad. Fé González. Pontevedra: Kalandraka, [25 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-618-1).


Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado literario de carácter narrativo que nos conta unha historiada vida cotiá: formar unha nova familia entre dúas persoas que están separadas ou divorciadas. Está escrito en galego aínda que tamén o hai en castelán e ten un tamaño de 24x31 cm. As tapas son duras, polo que a encadernación é en cartoné. A cuberta e contracuberta teñen unha ilustración a páxina completa, pero só cabe destacar a cuberta, na que aparecen a Leopoldo e Casilda xogando, mentres os seus pais pasean, e ao lonxe vese unha casa. No interior do libro, vemos que o texto é sinxelo de ler e ten un tamaño grande. En todo momento está acompañado das ilustracións, xa que son moi descritivas e contan con moitos detalles o que vai acontecendo no transcurso da historia, ademáis de que amosan claramente como se senten os protagonistas. Son a páxina completa e de cores vivas (verde, vermello, azul, amarelo...).
En canto ao contido do álbum, Leopoldo e Casilda son dúas ras que son amigass. Casilda, que é unha nena só ten ao seu pai e Leopoldo, que é un neno, só ten á súa nai. Un día Leopoldo, coa axuda da súa nai, decide escribirlle unha carta a Casilda convidándoa á súa casa. Casilda e o seu pai foron á casa de Leopoldo e alí fixeron unha festa. Ao rematar a festa Leopoldo e Casilda foron durmir xuntos, semellando a relación de dous irmáns, mentres que os seus pais desfrutan da súa compañía mutua e constrúen unha nova familia.


Potencialidades educativas: serve para amosarlles aos nenos/as que en calquera momento os seus pais se poden separar e que tanto o seu pai como a súa nai poden encontrar a outra persoa, querela e que poden formar outra familia de novo. Tamén lle podemos explicar aos nenos/as que ante esta situación non teñen que ser negativos e que deben ser conscientes de que poden ser felices igual con esas persoas aínda que non sexan os seus pais/nais biolóxicos.


Recursos de interese:
Entrada a un blog sobre a obra escrita en castelán: Sacra (2014). “Lectura recomendada de la semana: Leopoldo y Casilda” en https://www.elbloginfantil.com/lectura-recomendada-semana-leopoldo-casilda.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario