martes, 3 de abril de 2018

Cancións para desafinar

A gramola gominola (2017) Cancións para desafinar. Ilus, Iago Araujo. Vigo: Galaxia, col. sonárbore, [ idade +3 anos], [24 pp]. (ISBN: 978-84-91591-045-1).


Breve descrición do formato e do contido: é un álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 25 páxinas e tapas duras dun tamaño de 24x21 cm. Na cuberta aparece unha man representando o símbolo do rock e mantendo un folio con pentagramas e notas musicais debuxadas. Todo isto con cores rechamantes e co título escrito con letras de diferentes cores, aínda que mantendo un patrón na seriación. Na esquina do lado dereito aparece o debuxo da metade dun CD. Na contracuberta aparece o debuxo dun zapato con medias de diferentes cores e un diapasón. Segue o de cores rechamantes  como a vermella. Nas gardas dianteiras atopamos o debuxo dun CD máis o propio CD  que contén as cancións representadas no libro. Na portada atopamos o título do álbum escrito en letra maiúscula. Tamén atopamos un debuxo dun folio con pentagramas e notas musicais engurradas. 
No interior do libro aparecen moitas ilustracións que acompañan os textos que están escritos nunha letra de tamaño medio e sinxelo, en negriña e cursiva. Os títulos de cada canción preséntanse en maiúsculas con distintos tipos de letra e distintas cores para marcar a énfases neles. Os debuxos amosan unha temática e estilo roqueiro, as ilustracións presentes nas páxinas gardan relación coa canción á que acompañan. O contido está formado por 12 cancións de diferentes autores, das que se reproducen  as letras das cancións, mentres que a música do CD adicional  conta  cunha canción non presente no texto do álbum denominada Vinilos: Bonus track.

Potencialidades: neste álbum trátanse oito temas diferentes,os cales son: o coidado do medio ambiente; a calidade de vida no rural,especialmente en Galicia; a autoestima;  o empoderamento da muller; a igualdade; a constancia;o coñecemento dos animais; as partes do corpo.

Recursos en liña:
Páxina oficial na que se atopa información de A gramola gominola
Cancións que se atopan en youtube:
“A fábrica de Carmela” https://www.youtube.com/watch?v=bDWuO-LJxBI
“Canción para desafinar” https://www.youtube.com/watch?v=tsLLY7o1sk4
“Un día especial" https://www.youtube.com/watch?v=OX1QjBTfchw     

Ningún comentario:

Publicar un comentario