venres, 13 de abril de 2018

A casa Grande

Ribeiro, João Manuel (2018). A casa grande. Ilust.  Ricardo Rodrigues, trad. Ánxela Gracián. Coruña: Hércules de Ediciones, [36pp.]. (ISBN:978-84-947770-4-2 ).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado metafórico de forma cadrada de 20x20 cm en lingua galega. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura con encadernación de cartoné. Na cuberta aparece o título dentro dun bocadillo de diálogo que sae da boca dun paxaro, as letras son de diferentes cores e estampados. Ademais a cuberta, marcada cunha forte cor vermella, ten un estampado que semella o tellado da casa e debaixo deste ilústranse sete persoas de diferentes razas e características. A continuación, unha vez se empeza a adentrar aparece o título do libro ocupando as dúas gardas enriba dun fondo vermello. Na portada aparece o título en letras vermellas superposto a tres franxas de cores: a vermella que simula o teito da casa que constrúen, unha azul que é o ceo e a última de cor verde que semella un campo moi amplo. A esta o precede unha folla de créditos debuxada ao óleo.
Respecto ás ilustracións queren representar sentimentos como a calma, o amor, a felicidade e na maioría aparecen personaxes que no son mencionados no texto. As personaxes teñen ropaxes, rasgos e características diferentes entre eles e todos transmiten sentimentos, ás veces aparecen partes concretas do seu corpo como se lle fixeran un zoom dándolle importancia a detalles concretos. Usa cores chamativas como o verde, azul eléctrico, vermello, rosa e os seus fondos aparecen cunha sensación de relieve e se percibe a rugosidade do pintado ao óleo.
A casa grande presenta todos os valores necesarios para poder convivir, valores respaldados pola solidariedade, o respecto, o perdón, a verdade e o amor. Empeza dicindo que un home un día tivo un soño que era construír unha Casa Grande que non tivera barreiras, polo tanto non tiña nin muros nin ventás onde todas as persoas puidesen vivir sen problemas: compartindo, xogando, con serenidade, con xustiza, sen imposibles.
O campo semántico está adaptado aos lectores potenciais facendo referencia a diferentes valores e formas para convivir.

Potencialidades educativas: ao final da lectura permite a reflexión sobre os valores á hora de convivir con máis persoas. Toda a descrición do espazo pódese transportar á aula para que comecen a formarse en valores como os que menciona o libro. Os máis pequenos poden debuxar, falar ou describir como lles gustaría que fora o trato na casa o na aula.
Outro tema que se pode tratar cos máis pequenos para facerlles reflexionar é sobre a diversidade, xa que aparecen nenos/as de diferente raza, con diferente vestimenta e características, pero no libro todos conviven felices.
O autor João Manuel Ribeiro é moi prolífero e ten multitude de obras, moitas delas en poesía.

Recursos de interese:
- Vídeo sobre o libro da páxina do autor:
João Manuel Ribeiro (31/06/2017). João Manuel Ribeiro | JMR | A CASA GRANDE I 2017 https://www.youtube.com/watch?v=PML5zqslFGQ (Consultado o 10/04/2018)

- Outro libro similar do mesmo autor:
Ribeiro, João Manuel (2012). A casa grande. Ilust. João Vaz de Carvalho. Palmela: Trinta por uma linha, col. Pim pam Pum,  [36pp.]. (ISBN: 9789898213761 )

- Vídeo do libro mencionado anteriormente:
João Manuel Ribeiro (31/06/2017). João Manuel Ribeiro | JMR | A casa do João https://www.youtube.com/watch?v=0mxQ5jfpfJE (Consultado o 10/04/2018)

Ningún comentario:

Publicar un comentario