Hilario (2007). ¿Qué sueña Eugenia? Ilust. Loti Scagliotti. Girona: Editorial Pujol y Amadó,
col. Cuentos para los más bajitos, [11 pp.]. (ISBN: 84-96448-11-8).

Descrición de formato e contido:
volume encadernado en cartoné, de tamaño cuadrangular (13 x 13 cm). É un álbum
ilustrado de carácter poético que pon aos máis pequenos en contacto precoz coa estrutura
poética. Ofrece unha experiencia lectora que esixe a implicación do lectorado para a produción
de sentido, á vez que regala ilustracións alegres e coloridas, pintadas a acuarela. O contido do
texto vai acorde coas escenas representadas e nel nárranse as aventuras de Eugenia, unha nena
caracol, que leva a súa casiña ás costas como todos os demais caracois, aínda que iso non
impide que poida soñar. A súa imaxinación levara a por lugares magníficos, como polos
Campos Elíseos de París, as máxicas pirámides de Exipto, o Big Ben de Londres…, e mentres
viaxa soñando síntese tan lixeira coma unha folla, a cal usa como medio de transporte.
Eugenia enche os seus ollos asombrados con todos estes magníficos lugares, ata que unhas
sonoras badaladas a espertan. Pero moi pronto Eugenia volverá viaxar e invitará aos máis
pequenos a viaxar con ela.

Potencialidades educativas:
con este conto podemos traballar a poesía e a rima dun xeito sinxelo, doado de entender.
Ademais permite, comezar a coñecer lugares fascinantes que poderán identificar a través
das imaxes inconfundibles e cheas de color. Despois destes descubrimentos, os lectores non
perderán a oportunidade de investigar e coñecer outros lugares interesantes. Eugenia viaxa
polo mundo a través dos soños, incidindo en que se potencie que os máis pequenos usen a
súa imaxinación (a cal pode transformarse nunha aventura marabillosa), e que para viaxar,
en ocasións, non fai falla nada máis que a nosa propia mente.

Recursos de interese:
Dentro da colección “cuentos para los más bajitos” e creados polo mesmo autor, podemos
atopar os seguintes títulos:
Hilario (2006). El escarabajo encuentra un atajo Ilust. Loti Scagliotti. Girona: Editorial
Pujol y Amadó, col. Cuentos para los más bajitos, [11 pp.]. (ISBN: 978-84-96448-12-4).
Hilario (2006). Este sapo no es de trapo Ilust. Loti Scagliotti. Girona: Editorial Pujol y
Amadó, col. Cuentos para los más bajitos, [14 pp.]. (ISBN: 978-84-96448-10-0).
Hilario (2006). Tito y el mosquito Ilust. Loti Scagliotti. Girona: Editorial Pujol y Amadó, col.
Cuentos para los más bajitos, [14 pp.]. (ISBN: 978-84-96448-09-4).
Ningún comentario:
Publicar un comentario