luns, 19 de marzo de 2018

O verme de seda e a araña


Iriarte, Tomás de (2013). O verme de seda e a araña. Ilus.Jon González , adapt.Mar Fernández , trad. Charo Boleirón . A Coruña: Hércules de ediciones, col. Os imperdibles de Hércules, [24pp].(ISBN: 978-84-92715-69-5)

Breve descrición de formato e contido: álbum ilustrado de tapa branda. Na cuberta aparecen os protagonistas nunha situación de disputa que é un adianto do que vai acontecer o largo da historia.Non ten gardas. Na portada aparece o título en grande destacado en negro sobre un fondo amarelo, e debaixo o nome dos autores.
As ilustracións son a dobre páxina con cores vivas, e o texto aparece  nunha soa páxina. Os debuxos mostran unha dobre perspectiva. A historia trata sobre un mozo (Hércules) que encontra unhas cuartillas de papel no interior dunha casa en Tenerife, e non pode evitar a tentación de léelas. Así descobre a historia dun verme de seda e unha araña que traballan afanosamente nas súas tarefas. E aínda que a araña burlase do verme polo lento que é, él prosigue sen facerlle caso... Unha historia que nos ensina alguns valores.Este álbum  é unha fábula polo que se destaca a ensinanza a modo de moralexa.



Potencialidades educativas : os/as nenos/as deben aprender que o importante é do esforzo e o resultado final. Tamén pódese traballar a competitividade, sabendo que non sempre leva a acadar bos resultados e que moitas veces a colaboración axúdanos a conseguir un traballo de maior calidade e aprender  máis uns dos outros. Destacar a importancia das fábulas dos contos no desenvolvemento da memoria e da creatividade dos máis pequenos/as e a transmisión de valores e ensinanzas que mostra dende o comezo da historia do verme coa araña.

Recursos:
É de  gran interese este recurso, que consta dentro da colección dos imperdibles de Hércules:
  • Julio Fedro, Gayo (2012) O león e o pastor. Ilust: Minian Martínez, adpt. Carmen Ferreira, redac. Blanca Roig. A Coruña: Hércules de ediciones, [22 pp.].(ISBN-13: 978-8492715565)

Ningún comentario:

Publicar un comentario