Cave,
Kathryn (2003). Otra cosa. Ilust. Chris Ridell, trad. Rita Schnitzer Loeher. Barcelona:
Ediciones
Elfos, [25 pp.]. (ISBN:84- 8423-152-6).
Breve descrición do formato e
contido: álbum
ilustrado. A imaxe que se nos mostra na cuberta é a mesma que aparece na
portada -o noso protagonista sentado nun sillón-. Nas gardas aparece unha cor
escura, que é a cor de Otra Cosa, que representa esa diferenza co resto dos
animais; e tamén atopamos unha cor máis clara, que simboliza a todos aqueles
que non se relacionan con el. Algunhas imaxes son a dobre páxina. Tamén
aparecen ilustracións que están divididas dentro da mesma páxina, pero que
gardan unha relación entre elas. En canto o texto, ás veces está dentro da
imaxe e noutras está fóra dela, en ocasións mesmo nun cadro a parte desta á que
se refire, pero a excepción disto, o texto garda unha profunda relación coa
ilustración que se nos está a mostrar. Existen dúas voces nesta historia: a do narrador
e a dos protagonistas. A letra na que aparece as intervencións destes dous
compoñentes do volume é a mesma, a excepción de cando o narrador nos presenta
ao protagonista principal, xa que escribe o nome deste en letras maiúsculas. O
narrador conta a historia e introduce aos personaxes, mentres que os
protagonistas interveñen para dialogar entre eles e mostrar as súas
consideracións. A historia xira en torno de Otra Cosa que non é aceptado
polo resto de animais por ser diferente a eles. Por último, neste apartado,
debemos destacar que este libro foi premiado co “UNESCO Prize for Children's
and Young People's Literature in the Service of Tolerance”.
Potencialidades educativas: a maior potencialidade deste
libro é a educación en valores. Isto é unha lección de tolerancia e aceptación
para facernos ver de que todas as persoas, xa sexa polas súas características
físicas ou por calquera outra cousa, somos diferentes. Poderíamos utilizalo en
casos onde haxa un neno doutra etnia, ou mesmo un alumno que
teña calquera tipo de discapacidade. Este asunto é máis fácil de tratar e tamén
é máis sinxelo de comprender coa presenza de animais, como é o caso deste
volume, xa que se intenta eludir unha posible identificación excesiva cos
personaxes humanos. Por último, cómpre dicir que as emocións están presentes
neste libro, e é primordial facerlle ver aos máis cativos cales son as accións
que debemos evitar para que os outros nenos non estean tristes e desolados.
Recursos de interese:
- Curtametraxe “For the Birds”
de Disney Pixar para educar en valores:
https://www.youtube.com/watch?v=pWIVoW9jAOs (Consultado o 02/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario