mércores, 21 de marzo de 2018

A Guerra dos Números


Darién, Juan (2009). A guerra dos números. Ilust. do autor, trad. María Luísa Núñez Álvarez. Pontevedra: OQO editora, col. O, [41 pp.]. (978-84-9871-154-7).

Breve descrición do formato e contido: numerario cunhas dimensións de 25×23 cm. A imaxe da cuberta xa nos empeza a dar algunha que outra pista do que nos podemos atopar dentro deste volume, ao ensinarnos un helicóptero e dentro deste ao número un co símbolo da resta. Nas gardas volvemos atopar un  vehículo aéreo –esta vez unha avioneta- dentro dela podemos observar como hai dous números un. Todas as ilustración que aparecen neste volume, son imaxes a dobre páxina. Polo que respecta ao texto, está sempre en permanente contacto coas ilustracións, é dicir, está dentro delas, polo que existe unha interacción entre estes dous elementos que permite entender a historia que se nos está a contar. As voces que aparecen neste libro son dúas: a do narrador e as dos protagonistas. A voz do narrador vainos presentando os distintos personaxes que van aparecendo ao largo da historia, a parte disto cóntanos o que vai sucedendo en cada momento e tamén nos relata que é o que pensan os propios personaxes. Por outra parte, a voz dos protagonistas aparecen en poucas ocasións, pero cando se manifestan fano para expresar unha determinada acción que teñen pensado levar a cabo. A temática da obra xira arredor dos conceptos numéricos e a linguaxe matemática. Para iso cóntase a historia do número un que se sempre estaba só, xa que os demais números non lles facían caso, pero todo isto cambiou cando chegou o Rei Menos.

Potencialidades educativas: este volume preténdenos ensinar que non hai que deixar a ningunha persoa de lado, isto amósasenos neste conto co número un, o cal ao principio deste volume se atopa só xa que ninguén quere estar con el. Dende o meu punto de vista é unha forma moi correcta de explicar isto a través dos números. Un aspecto moi importante a resaltar é o  conflito que aparece neste libro, porque o que lle deberíamos facer chegar ao noso alumnado é que as pelexas non levan a ningún lado e que todo se debe solucionar falando con aquela persoa coa  que se tivo ese problema. Neste álbum a final os números atopan a razón da súa forza, que é a través da unión, por iso o número un e o cero acaban xuntándose para formar o número dez. Tamén permite a lectura desta obra reflexionar sobre problemas de agora e de sempre, como son os conflitos bélicos, as ditaduras, a autoridade e o sometemento, valores que se critican a través da visión pacifista da historia. Por último, dado que este libro tamén pode ser concibido coma un numerario poderiámolo utilizar para iniciar aos máis pequenos nos números, neste caso ata o dez, que é a cifra máxima que se nos mostra.

Recursos de interese:
-          - “A guerra dos números” narrada polo colexio C. E. I. P. Mestre Rodríguez Xixirei:
https://www.youtube.com/watch?v=il6dkU0XqyY (Consultado o 09/03/2018).
-          - Canción para aprender os números de “Sonárbore”:
      https://www.youtube.com/watch?v=NGrFgQ4trxU (Consultado o 09/03/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario