Lourenzo González, Manuel (2017). Animais de compañía. Ilust: Óscar O.Villán. Pontevedra: Kalandraka, cCol. Demaádemora,. [28 pp.]. (ISBN: 978-84- 8464-329-6)
Descripcción do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de tapa dura e formato cadrado. As ilustracións en tons apagados son creadas a cor e están dispostas a modo de acompañamento visual da historia que se conta, que adopta a forma poética. A historia que se conta xira ao redor dunha anciá chamada dona María que se sente moi soa e decide acudir ao monte para atopar algúns animais que lle puideran facer algo de compañía. De regreso atópase cunha veciña que lle pregunta que leva e a partir desa conversa comeza a distorsionarse de boca en boca na transmisión oral entre vararios oíintes e locutores: unha veciña, un garda municipal e o alcalde, o que leva a deter a dona María por crer que porta algo moi perigoso.
Potencialidades: con este conto rimado, baseado nas estruturas das composicións propias a tradición oral, pódense abordar múltiples cuestións relativas á sociedade actual. Unha delas é a soidade que padecen os anciáns, como a protagonista, que busca compaña e alguén con quen compartir o seu tempo. Outra cuestión importante na obra é tamén a actitude social dos veciños, o perigo dos díxome-díxome ou dos ruxerruxe sen base real, o que resulta comprometedor para a integridade das persoas, aínda que neste caso serve para desenvolver unha historia cargada de humor e retranca, ademais dun rico xogo lingüístico, empregando de modo imaxinativo e eficaz os mecanismos de construción de palabras que se fai a partir dos nomes dos catro animais que recolle dona María: un vagalume, unha vacaloura, un caracol e un camaleón. O libro convértese así nun libro que propicia o xogo de palabras, acentuado pola musicalidade dos versos e o marcado ritmo poético das composicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario