martes, 3 de abril de 2018

¿Puedo mirar tu pañal?




Van Genechten, Guido. (2009). ¿Puedo mirar tu pañal?. Traduc. Teresa Tellechea. Madrid: Ediciones SM. [32 pp.],  [ISBN: 978-84-675306-9-8]
Breve descrición do formato e o contido: álbum ilustrado con solapas cun formato cadrado (26,6 x 25,6 cm) e unha cuberta de cartoné. Tanto a cuberta como a contracuberta teñen un fondo branco e amarelo, onde, por un lado, aparece o protagonista da obra: o rato e, polo outro, un resumo da historia xunto cun debuxo dun urinario, elemento clave que nos da pistas sobre o tema a tratar no álbum.
Destaca o seu texto polo diálogo e a repetición, o que lle imprime un carácter áxil, divertido e moi fácil de memorizar polos nenos/as, xa que a estrutura vaise repetindo ó longo de toda a narración, pois cada vez que o rato atópase cun dos seus amigos, sempre pregunta: - ¿puedo mirar tu pañal?.


As ilustracións que aparecen neste conto son realistas e moi expresivas á vez que divertidas, acompañando moi ben o relato, transmitindo o que acontece sen necesidade da lectura do texto, podendo seguir ben a historia simplemente por medio das imaxes. As personaxes son diferentes animais personificados todos/as con cueiros, debuxados cun trazo negro groso e de forma redondeada, situadas sobre un fondo de cor branco.
No referido ao contido, a historia trata dun ratiño moi curioso que sempre esta metendo o seu fociño por todas partes. É tan curioso que, a medida que se vai topando cos seus amigos/as, unha lebre, unha cabra, un can, unha vaca, un cabalo e un porco, vailles pedindo que lle amosen o que teñen cada quen no seu cueiro. A historia remata cando, unha vez viu todas as cacas dos seus amigos, eles pídenlle que lle amose o que ten el no seu cueiro; é entón cando todos/as quedan abraiados o ver que o rato non ten nada, preguntándolle todos á vez : - ¿Cómo es posible?. O que o rato  contesta: - Muy sencillo, hago caca en el orinal. Mirad, ahí está. Polo que todos os seus amigos/as sentáronse cada quen no seu urinario exclamando -¡Queremos probarlo!.
Potencialidades educativas: Conto baseado na repetición e no diálogo, o que favorece a memorización, a participación e anticipación dos/as oíntes, á vez que se traballa a conciencia fonolóxica (repetición da mesma pregunta por parte do rato cada vez que se vai topando cun dos seus amigos/as). Conta con ilustracións moi vistosas e que axudan a que os nenos/as sexan capaces de seguir a historia. Danse a coñecer algúns dos animais que podemos atopar na nosa contorna. O ser un álbum ilustrado con solapas faino máis  atractivo e interactivo, pois o neno/a pode descubrir xogando a ver que ten no cueiro cada unha das personaxes, o que permite, a súa vez, traballar as características dos diferentes animais e como é a súa caca. Os nenos/as vanse sentir identificados co protagonista da historia, o rato, pequeno e moi curioso, que está aprendendo a utilizar o urinario, coma eles/as. Trabállanse temas como a amizade e como podemos aprender dos demais á vez que se axuda a que os nenos/as sexan capaces de ser máis autónomos, deixando de usar cueiros e comezando a utilizar o urinario.
Conta cun toque de humor e de risa, co cal os máis cativos se poden entreter e divertir e, sobre todo, pasar un momento de lectura agradable e divertido. O tratamento do tema escatolóxico como é a caca é un gran recurso para utilizar en infantil, xa que moitos de eles/as inda están no proceso de control de esfínteres ou acaban de deixar de utilizar cueiros, tema que debe traballarse con total naturalidade.
Esta obra está traducida a moitos idiomas como o portugués, inglés, francés ou castelán.
Recursos
Aprendemos juntos (2016). Operación ¡”Chao pañales!”. Recuperado de http://www.aprenderjuntos.cl/operacion-chao-panales/ a 9/04/2018. Consellos para axudar a nais e pais que están traballando o uso do urinario cos seus fillos/as.
Aprendemos juntos (2016). Juegos para la “Operación ¡Chao pañales!”. Recuperado de http://www.aprenderjuntos.cl/juegos-para-la-operacion-chao-panales/ a 9/04/2018. Propostas de actividades lúdicas para familias e educadores que axundan os cativos/as no control de esfínteres.
Camacho, Alejamdra (2018). Ser padres. 10 cuentos para dejar el pañal. Recuperado de https://www.serpadres.es/1-2-anos/educacion-estimulacion/fotos/cuentos-para-dejar-el-panal/todo-el-mundo-va a 9/04/2018. Reseña do libro “¿puedo mirar tu pañal?”
Con mis hijos (2018). Libros y cuentos. Recuperado de https://www.conmishijos.com/libros-y-cuentos/6-7-anos/puedo-mirar-tu-panal-album-ilustrado-para-ninos/ a 9/04/2018.. Reseña do libro “¿puedo mirar tu pañal?”.
Federación de Enseñanza de CC. OO. de Andalucía (2011). Temas para la educación. Revista digital para profesionales de la enseñanza. (Vol. 13). Recuperado de https://www.feandalucia.ccoo.es/docu/p5sd8253.pdf a 9/04/2018. Documentación sobre o proceso de control de esfínteres entre nenos/as de 3 a 6 anos, consellos e pautas para pais/nais así como os aspectos evolutivos relacionados.
Hidalgo, Marta (2016). La fábrica de los peques. Recuperado de http://lafabricadelospeques.com/libro-puedo-mirar-tu-panal/ a 9/04/2018. Reseña do libro “¿puedo mirar tu pañal?”.
Pekeleke (2018). Descubre los mejores libros y comics para niños. Recuperado de http://pekeleke.es/libros/puedo-mirar-tu-panal-de-guido-van-genechten/ a 9/04/2018.. Reseña do libro “¿puedo mirar tu pañal?”.
Rodríguez, María Jesús (2017). Programación para el control de esfínteres. Revista dixital Educación 2.0. Recuperado de https://educacion2.com/programacion-para-el-control-de-esfinteres/ a 9/04/2018.. Exemplo dunha programación que podería levarse a cabo nun aula de infantil.
A jugar (2017). Videoconto da obra. Recuperado de  https://www.youtube.com/watch?v=FZklhw4OqPk a 9/04/2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario