luns, 30 de abril de 2018

Os bolechas queren saber... como é un día de escola.


Carreiro, Pepe (2009), Os Bolechas queren saber... como é un día de escola, Promocións Culturais Galegas, col. Edicións A Nosa Terra, [28 pp.] (ISBN: 84-96403-10-6).

Resultado de imagen para os bolechas queren saber como é un día de escola
Breve descrición do formato e contido da obra: volume de pequeno formato e tamaño rectangular, coas páxinas en disposición horizontal. Trátase dun dos libros da colección “Os Bolechas queren saber...”. Este consto semella unha pequena enciclopedia dedicada á infancia onde estes divertidos personaxes buscan a resposta de diversos temas. As oracións empregadas son curtas e están compañadas de grandes ilustracións con cores vivos, onde se explica como é un día de escola para os Bolechas; que debemos facer despois de tomar o almorzo, cómo debemos de comportarnos na escola, que debemos facer despois de ir á escola, é decir cousas que os nenos deben ter moi presentes. Todo está narrado de modo sinxelo e de maneira didáctica, é dicir, de forma que os nenos poidan aprender co libro.

Potencialidades: este libro é interesante para tratar todos os temas mencionados anteriormente cos nenos, xa que a maneira de transmisión de información das ilustracións deste conto fai que estes sexan máis amenos e sinxelos, é moito máis sinxelo e ameno. Ademais, trátase unha gran cantidade de información sobre como levar a cabo un día de escola e recalcarlle aos nenos os aspectos máis importantes, como por exemplo que antes da escola é neceario almorzar o mellor posible. Por todo isto pode considerarse que este libro é idóneo para que os nenos aprendan os aspectos importantes sobre un día  de escola e os leven a cabo na súa vida.




Ningún comentario:

Publicar un comentario