luns, 16 de abril de 2018

ONDE?





Lionni, Leo, (2009). Onde? Frederick. Ilustr. do autor. Pontevedra: Kalandraka, col. Frederick, [12 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-718-8).
Descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado que, aínda que non narra un relato específico, exhibe o argumento a partir de imaxes deixando ao marxe un texto sólido. A colección Frederick conta con catro obras que responden a preguntas expostas pola sociedade na vida diaria, especialmente na infancia: Onde?, Cando?, Quen é? e Que é?, catro volumes que seguen a mesma estrutura. As súas dimensións son de 16x16 cm e o material é cartoné. En relación á configuración dos volumes, pódese observar que as cubertas son semellantes, expoñendo a dous ratos, un máis grande que o outro, buscando resposta á cuestión do título, epígrafe de cor verde, neste caso. A continuación deste, atópase o nome da colección en cursiva, Frederick. Por outra banda, na contracuberta reitérase a aparición dos dous personaxes un enriba doutro, acción que reincide nas obras restante, máis os datos de interese. Aínda que segue o estilo dun conto tradicional, pódese observar que as imaxes seguen unha continuidade ocupando a maior parte do exemplar e que xoga coa posición dos personaxes, un no lado dereito e outro no esquerdo. Neste caso, o rato pequeno é o que se agochada en diferentes lugares mentres o outro o localiza. Respecto ás ilustracións, os ratos semellan estar elaborados con teas mentres que os demais elementos que entran en xogo forman un collage destacando sobre un fondo branco.
Potencialidades: Onde? é unha obra de fácil interpretación pola claridade das súas imaxes. Deste modo, aproxima ao receptor a unha interpretación imaxinativa dado que non ten un fío condutor en canto a texto. Toda a colección compartindo tempo e espazo regala a oportunidade de crear unha historia persoal interconexionando os catro volumes. Partindo da obra que se pormenoriza neste apartado, un modelo sería o seguinte: ”mentres Frederick contemplaba unha fermosa árbore nun fermoso lugar, o pequeno amigo subiuse á póla máis alta (imaxe que se observa na obra Onde?); cando se atopou con outro compañeiro, o esquío (Quen é?); el, observándoo, díxolle que ao longo do inverno non se poderían ver (Cando?); pero que non se preocupase pois existía unha ferramenta chamada teléfono para estar en contacto (Que é?)... Referíndonos ao tema de diversidade comunicativa pódense amosar diferentes interpretacións sen ter as actitudes e os coñecementos necesarios para poder comprendelos.

Recursos educativos:

Lupa del cuento, literatura infantil y juvenil (s.f.). Recuperado el 2 de Marzo de 2018 de: http://www.lupadelcuento.org/index.php/libros/coleccion/coleccion/Frederick

Ningún comentario:

Publicar un comentario