Fontaine, Jean de la. (s.d.). La cigarra y la hormiga. Madrid: Susaeta, col. Fabulandia, [16 pp.]. (ISBN: 978-84-305-7411-5).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de 30x21,5 cm de tipo narrativo. A cuberta e a contracuberta son de tapa branda. Na cuberta aparece o título da colección en letras maiúsculas e brancas sobre un fondo laranxa. Debaixo deste aparece o título da obra en cor rosa sobre un fondo branco. Debaixo aparece a figura da chicharra en grande, sorrindo, e, debaixo desta, dúas formigas: unha cargando fatigada con alimento e outra coa cara asombrada. Agás a primeira e última páxinas, as ilustracións a dobre páxina configuran unha escena conxunta, na que se inclúe un pequeno texto que relata o que está a pasar. Nestas escenas sempre se amosan os dous extremos como son o traballo duro da formiga e folgazanería da chicharrra. As ilustracións son de tipo figurativo, xa que representan a realidade. É unha historia lineal que vai dende o verán no que un grupo de formigas traballan para aprovisionarse para o mal tempo mentres a chicharra está á sombra ata o inverno, no que as formigas teñen que recoller a chicharrae salvala de morrer de fame e de frío. No que respecta á lingua, o campo semántico está adaptado aos lectores potenciais, facendo referencia a obxectos cotiáns (sementes, grans, …) e animais (formigas, chicharra). Aparece ademais un campo semántico antitético: traballo/folganza. En canto ás posibilidades formativas, encóntranse a exaltación do traballo individual e en equipo, a solidariedade e a axuda aos demais.
Potencialidades educativas:
Esta fábula é unha edición especial que se encontra dentro dunha colección chamada “Fabulandia” na que se recollen outras obras do mesmo xénero. A obra permite reflexionar sobre os valores da solidariedade, o traballo en equipo, o coñecemento de diferentes animais e a necesidade do esforzo e afán de superación para acadar calquera obxectivo. A lectura pódese complementar coas ilustracións nas que se ven reflectidos os valores previamente presentados. Por outro lado, é unha obra traducida a diferentes linguas como o galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés, alemán, … e que é recoñecida a nivel internacional.
Recursos de interese:
- - Curtametraxe portuguesa: Ale McHaddo (2005). A cigarra e a formiga.
- - 25 ideas sobre a fábula: Pinterest: cigarra e a formiga. https://www.pinterest.es/explore/cigarra-e-a-formiga/ (Consultado o 21/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario