luns, 2 de abril de 2018

A pantufla de Celia






Blanco, Concha (2015). A pantufla de Celia. Ilust. Dani Padrón. España: Hércules de Ediciones, [34 pp.], (ISBN:978-84-92715-97-8)

Breve descrición do formato e do contido da obra: libro ilustrado que está escrito en lingua galega con tapas duras e algo grosas. A cuberta é de cor azul e presenta unha ilustración da cabeza dunha nena, e un rabo, que asemella ser o dunha vaca. Na parte superior aparece o título con letras de cor branco e negro, máis abaixo, en letra pequena, o nome do autor e do ilustrador. Na contracuberta aparece a continuación desa ilustración que asemella ser o rabo da vaca. Nesta ocasión as gardas non se conforman como un anticipo á historia que imos atopar dentro do libro, senón que unicamente exercen a función de unir o corpo do libro coa capa.
Se nos centramos no contido do libro, fai referencia á historia dunha nena chamada Celia, que atopou unha compañeira que fixo que desapareceran os seus pesadelos, pero esa compañeira non era unha calquera, era unha pantufla con forma de vaca que é a que conta a historia.  Aínda que mercou a parella da pantufla, esta foi para o seu irmán, dado a que ela só precisaba unha. En canto ás imaxes que emprega, podemos afirmar que o elemento que destaca en practicamente toda a obra é o rabo da vaca que ten dita pantufla. Outras  son imaxes sinxelas e destacan os personaxes humanos, concretamente, as súas mans, que é o que os axuda a conseguir todo o que se precisa. O texto presenta unha gran cantidade de rimas, un aspecto que fai que se aviven a musicalidade na nosa lectura.




Potencialidades educativas: na obra aparecen rimas que son moi interesantes e poden traballarse cos máis pequenos e pequenas, como se crean ou como poden influír na nosa memoria. Un tema dos que se menciona é o das profesións, polo que tamén nos axuda a traballalo e que os máis pequenos e pequenas poidan profundar nel. Outro dos temas que abarca é o dos animais, xa que na obra a pantufla protagonista ten forma de vaca. Atopamos imaxes claras que están dacordo co texto que estamos a ler. Axuda a desenvolver a autoestima dos máis pequenos e pequenas, dado que esta pantufla estaba no escaparate dunha tenda sen que ninguén se fixara nela ata que chegou Celia, e aínda por riba non precisaba da súa outra compañeira, xa que con unha lle chegaba.
Este libro tamén favorece  a creatividade dos nenos e nenas, xa que podemos pensar en todo aquilo que podemos realizar por nós mesmos ou coas nosas mans, como pode ser o deseño dunhas zapatillas novas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario