mércores, 7 de marzo de 2018

Yared e a súa nova familia






Pérez Otero, Amalia (2008).Yared e a súa nova familia. Ilustr. Pablo Álvarez Rosendo. Vigo: Nova Galicia Edicións,[24 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-548-1).

Descrición do formato e contido: conto infantil de tamaño medio e tapa dura e é un álbum ilustrado, xa que contén imaxes moi claras, cores vivas e familiares explicando a historia da obra.
O libro conta cunha cuberta que nos di que vai a falar sobre unha familia e que un deles é alguén especial, polo que é o protagonista e cunha contracuberta, que nos indica o final da obra de cando o neno adoptado vai para casa coa súa familia nova, polos elementos empregados; como o avión e varias casas xuntas nunha cidade.
            As caricaturas dos personaxes son diferentes e máis grandes do normal, como á hora de mostrar un sorriso. O narrador é en primeira persoa, xa que é o neno quen conta a súa historia e presenta aos demais, tamén mostra os seus sentimentos, de como se sente por todo o que está vivindo.
O protagonista chámase Yared, un neno que vive en Adís Abeba (Etiopía), e un día foron a buscalo unha parella de matrimonio para adoptalo. Ao principio chamoulle a atención porque os seus novos pais tiñan a pel de cor “lúa chea” (branca), pero estaba moi contento e ata chegou a pensar que os seus pais viñeron do espazo e ían ata a lúa, pero colleron un avión para ir a súa nova casa e coñecer a súa familia e aos seus irmáns, que tamén estaban moi felices pola chegada do novo membro á familia. Para Yared todo é novidoso, xa que está nunha etapa onde está descubrindo un mundo totalmente diferente de onde vén.

Potencialidades: este conto é ideal para utilizalo na aula cando chega un neno novo doutro país, polo que é unha boa ferramenta para explicar aos nenos o importante que é aceptalo e proporcionarlle  un ambiente cálido e amoroso, co fin de que se sinta integrado, ademais de ensinarlles o valor do respecto polas persoas, xa que todos somos iguais. Serve tamén cando temos un neno adoptado na aula e cando queremos normalizar a súa situación, xa que pódese sentir estrañado e diferente aos demais. Desta forma, os nenos entenderían que se todos xogamos con todos imos a ser felices.

Recursos de interese:



Ningún comentario:

Publicar un comentario