González,
Olalla
(2017). Un
máis. Ilustr.
Marc Taeger. Pontevedra: Kalandraka, col. Demamora, [32 pp.]. (ISBN:
978-84-8464-323-4).
Breve
descrición do formato e contido da obra: álbum
ilustrado en galego, dispoñíbel tamén en castelán, catalán,
éuscaro, portugués, inglés, italiano. Posúe
un tamaño de 18 x 25 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa
dura, encadernado en cartoné. Na
cuberta aparecen os protagonistas da historia. Unha das personaxes
ten unha gran barriga polo que podemos intuir, xunto co título
Un
máis,
o que nos vai amosar a historia. No libro, as páxinas pares e as
impares forman unha unidade de sentido a través dos debuxos e o
texto. A historia comeza na primeira páxina amosándonos como o
protagonista lle pregunta a súa nai porqué está tan gorda, ao que
ela lle contesta que é porque esta embarazada e que pronto serán un
máis, pero el só quere saber; cando nacerá? ao que a súa nai lle
contesta: cando xa non poida ver os pés. Nas páxinas seguintes,
nárrase como o coello expectante pola nova vai contarllo a todos os
seus amigos animais facéndolle a todos a mesma pregunta, se saben
cando nacerá. Cada un deles respóndelle segundo o que fai nese
momento ou o seu propio ciclo vital, por exemplo o oso contéstalle
que nacerá cando el esperte do seu sono. O álbum ademais de aportar
esa espera polo nacemento do novo membro da familia, ensínanos as
distintas actividades cotiás dos animais que interactúan na
historia. Ademais o libro tamén crea un espazo para a imaxinación,
xa que entre pregunta e pregunta do pequeno coello, aparece a mesma
frase: “oh! cando sexamos un máis poderemos…”. Deste modo o
lectorado fará a súa propia síntese de todas as cousas que se
poden facer sendo un máis e guiándose pola lectura visual das
ilustracións que aparecen sen texto, en tons sepia, que remiten cara
á imaxinación e creatividade do pequeno coello cando evoca a
chegada dun irmán ou irmá. Por iso este relato destaca pola súa
estrutura repetitiva a tres niveis: a reiteración das preguntas que
fai o pequeno coello á súa nai para saber cando se producirá o
nacemento, a mesma pregunta que lle fai ao resto dos amigos e, por
último, por como imaxina todos os xogos que van poder facer cando
sexan un máis. A súa ilustración é sinxela e aporta unha
explicación do texto á que acompaña, ten debuxos grandes e con
cores de tons pasteis con trazados finos sobre un fondo branco para
potenciar os detalles que se queren resaltar.
Potencialidades
educativas: o
nacemento dun irmán ou irmá pode supor un gran cambio na contorna
do neno ou nena, así que hai que tentar que este tema dunha maneira
natural e positiva. Este libro pode axudar a preparar o ambiente para
tal acontecemento, facéndoo doado e apaixonado. Ademais de que
fomenta a imaxinación, tamén amosa distintos animais e a súas
actividades cotiás, enxalzando a amizade e o desexo de compartir con
todos a nova de ser un máis na familia. Outro aspecto a destacar é
o xogo coa sorpresa final, que rompe as expectativas creadas ao longo
do relato.
Recursos
de interese:
-
BP Pontevedra (2017). Presentación do libro "Un máis" da editorial Kalandraka na @BPPontevedra https://www.youtube.com/watch?v=c6CC1M-RcNE
-
Contacontos para nenos e nenas: https://www.youtube.com/watch?v=Mx5t4Nsoll0
Ningún comentario:
Publicar un comentario