Cooper, Helen. (2008). Sopa de Calabaza. Ilust. da autora. Barcelona: Juventud, [36 pp.], (ISBN: 978-84-261-3095-2)
Breve descripción do formato e contido da obra: Sopa de calabaza é un libro de cartoné escrito en castelán formado por 36 páxinas ilustradas con diferentes gamas de cores. A cuberta é moi sinxela, en cores laranxas, onde atopamos aos tres protagonistas da historia (o gato, o pato e o esquío) comendo sopa de cabaza. Este álbum ilustrado trata sobre tres animais que son músicos e que viven xuntos no bosque rodeado de cabazas, feito polo que cada noite fan sopa para cear. Todos teñen un papel neste labor e coordínanse áperfección, pero un día pato decide cambiar os papeis e levar el o mando. Isto produce discusións e que pato abandone o fogar e os seus amigos quedan tristes. Os dous saen a buscalo pero ao final abandonan a busca, aínda que pato aparece de novo no fogar e rematan facendo sopa de cabaza e dándose un grande abrazo.
Potencialidades: con esta obra poderáselle ensinar aos nenos valores coma a amizade e as relacións persoais, o saber convivir coas demais persoas e tamén o importante que é saber superar os problemas que se nos presentan no día a día. Poderanse poñer no lugar de cada personaxe e cambiar opinións, entre os compañeiros da clase, de como actuaría cada un. Como trata unha morea de temas (temas importantes para tratar en educación infantil) permítenos usalo en diferentes ocasións e facer antes ou despois outras actividades relacionadas con estes temas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario