martes, 20 de marzo de 2018

A que sabe a lúa?


Grejniec, Michael (2011). A que sabe a lúa?, ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [+3 anos], [26 pp.] (ISBN: 978-84-8464-625-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado formado por 26 páxinas. O texto do álbum vai na parte esquerda ou dereita de cada páxina de forma alterna sobre un fondo branco e cunha páxina ilustrada sobre un fondo negro, onde se amosa unha montaña cos protagonistas do conto intentando coller a lúa. O álbum contén unha estrutura acumulativa progresiva, xa que a medida que transcorre a historia podemos ver un animal enriba do outro segundo van aparecendo na historia, así ata chegar ao final onde aparecen todos os personaxes.
Referido á encadernación, ten unha forma rectangular, con cantos rematados en punta. As cubertas son de cartón duras (cartoné). Na cuberta principal aparece o debuxo dunha lúa chea cun dos protagonistas da historia, o título, nome do autor e a editorial, mentres que na contracuberta aparece a lúa en forma minguante. Na última garda aparece o último personaxe da historia (un peixe) falando. En canto á historia trata sobre un grupo de animais que todas as noites observan a lúa co obxectivo de probar o seu sabor. A tartaruga decidiu subir á montaña máis alta, pero aínda así non chegou á lúa. Entón aparece o elefante que se pon enriba da tartaruga e enriba del a xirafa e enriba dela a cebra e o lobomono.. ata que un pequeno rato que estaba enriba  de todos os animais e deu arrincado un  anaco da lúa, que compartiu cos seus amigos. Probárono e a cada animal sóubolle a aquilo que máis lle gustaba. Ao final da trama aparece un peixe que lles di que non entende tanto esforzo por coller un cacho de lúa, cando a lúa tamén se atopa na auga.

POTENCIALIDADES: O primeiro que se traballa é a importancia do traballo en grupo, é dicir, a cooperatividade, e que grazas a ela se poden conseguir os logros que nos propoñemos cando somos incapaces de alcanzalos por nós mesmos e precisamos de axuda. Ademais neste álbum saen unha serie de animais onde ao autor reflicte, a medida que van saíndo, características de cada un deles. Grazas a estructura acumulativa que contén este álbum axuda aos máis pequenos/as a desenvolver a conciencia narrativa. Ademais en cada páxina o animal que vai formar parte da torre de animais aparece na ilustración da páxina previa, isto permite que o lectorado máis novo adiviñe que animal é o que vén despois.....


            Conta contos:  https://www.youtube.com/watch?v=IfDFgCzVkBs

Ningún comentario:

Publicar un comentario