martes, 20 de marzo de 2018

A meniña de libros


Jeffers, Oliver (2016), A meniña de libros, ilustr. Sam Winston,  trad. Laura Saéz e Saleta Fernández, Patas de Peixe editora, [3 a 12 anos] [ 18 pp.] ( ISBN 978-84-939350-9-2).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado, con cuberta dura e textura en relieve. Na cuberta se pode observar unha pechadura en tres dimensións coa que podemos interpretar que a finalidade do autor é adentrarnos a lectura deste álbum. As súas gardas constan de títulos de obras clásicas da literatura. No interior do álbum as páxinas están divididas, na parte superior presenta o contido da historia simulando unha letra infantil mentres que na parte inferior aparecen debuxos que se representan mediante fragmentos de obras clásicas, os debuxos van acorde coa historia.
O contido do álbum trata sobre unha nena pequena que navega “a través dos mares das palabras” para chegar a casa do seu amigo. Esta invita ao seu amigo a vivir unha aventura a través dos “ bosques de contos de fadas, montañas fantásticas" e a “durmir nas nubes das cancións”. Esta historia é unha homenaxe a literatura de todos os tempos.

Potencialidades: Grazas a este álbum os nenos/as poden coñecer outras obras clásicas da literatura universal mediante as imaxes compostas por fragmentos destas. Ademais estes fragmentos simulan debuxos e polo tanto da xogo a desenvolver a imaxinación dos pequenos/as lectores. Por outra banda os fragmentos que compoñen os debuxos van relacionados ca imaxe que representa, por exemplo, o camiño que recorre a protagonista contén un fragmento do álbum de Alicia no País das marabillas, o igual que no conto Alicia, que percorre o camiño en busca de aventuras guiada por un coelliño, as ramas das árbores do bosque con Carapuchiña, que representa cando esta se adentra ao bosque para ir a casa da súa avoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario