venres, 11 de maio de 2018

Un globo vermello



Mari, Iela (2006). Un globo vermello. Ilustr. del autor. Pontevedra: Kalandraka, [40 pp.]. (ISBN: 84-8464-538-X).

Descrición do formato e contido da obra: este álbum ilustrado ten un formato convencional, libro de tapa dura. As súas dimensións son de 22 x 22 cm. A cuberta e a contracuberta presentan continuidade, xa que o único que destaca é a cor verde e un círculo vermello no inicio. O título da obra incide, xunto á figura xeométrica vermella, no contido deste, tratándose dun globo vermello que se converte en diferentes elementos a medida que avanza a historia. Aínda que a simple vista teña unha configuración habitual, é un libro que se conta dende o principio ao fin e viceversa. Así mesmo, carece de texto, xa que é a imaxe a que nos serve para interpretar a nosa propia historia. O fondo sempre é branco onde se aprecian trazos sinxelos que debuxan un novo espazo que acompaña a transformación do globo, o que predomina en vermello durante a transición. As ilustracións son sinxelas e esquemáticas pero moi significativas debuxadas cun bolígrafo negro e fino simulando a estilografía (técnica que se leva a cabo a partir dunha pluma e tinta líquida). O motivo polo que estas consten con ditas características é o predominio do elemento principal, un globo vermello que se sofre unha metamorfose dando lugar a unha mazá, unha bolboreta, unha flor e, por último, un paraugas, os que carecen de detalles interiores.

Potencialidades: O beneficio de que careza de texto permite a libre interpretación das imaxes, o cal potencia ao máximo a imaxinación do lector e, ao mesmo tempo, dos receptores. O lector pode ser calquera individuo sen deixar á infancia soamente como destinatario, xa que un neno pode manipular extraer as súas conclusións sobre a trama. Ao conter imaxes sinxelas e pouco detalladas esperta no individuo unha análise inmediata partindo das vivencias previas. Por outra banda, que a obra poida ser contada de principio a fin e viceversa favorece o interese e a motivación de descubrilo e analizalo. Fuxindo do exercicio habitual das lecturas infantís que aportan uns valores claros e marcan barreiras onde non se pode sacarlle partido a temas asimétricos. Xa dende a fachada característica se xoga coa descuberta e dedución dos elementos que marcarán o traxecto da historia.  Referíndose ao tema de diversidade comunicativa aporta empatía en canto ás interpretacións, é dicir, profundizar nas experiencias doutros para chegar a entendelas como propias. Escaparse do común para revelar posibilidades e/ou habilidades dun mesmo é unha competencia moi clara que reflexa o conto.

Recursos educativos:
Luis. (21 de Novembro de 2012). El globito rojo [Entrada blog]. Soñando cuentos. Recuperado de: http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2012/11/el-globito-rojo.html

Vázquez, G. (2010, Junio 22). El globito rojo - Un cuento de Lela Mari. [Archivo de video]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=wuTZX3uIWg8

Ningún comentario:

Publicar un comentario