venres, 11 de maio de 2018

Os xemelgos




Ta, Marcos (2004). Os xemelgos. Ilust. Simón Espinosa, Trad. Nova Galicia Edicions. Vigo: Nova Galicia edicions S.L, [20 pp.]. (ISBN: 84-96293-20-3).

Breve descrición do formato e da obra: Álbum ilustrado literario de tapa dura en formato rectangular de 20 páxinas. 


Nesta obra, cuberta e contracuberta compleméntanse e forman unha unidade. Na cuberta podemos ver dúas cabezas de dous nenos que sorrín mentres flotan entre ondas de mar pintado cun azul forte baixo un ceo de cor granate. A contracuberta continua este debuxo xa que se estende a onda da portada facéndose máis grande, de forma que deixa ver catro peixes de distintas cores e tamaños. As gardas do principio aparecen representadas polos dous nenos que aparecían na portada, enriba dunha billa que semella un coche ou un avión baixo un fondo verde escuro e claro. En cambio, nas gardas finais, aparecen centos de mans que suxeitan caldeiros de auga con furados no fondo e peixes saltando deles. Esta vez o fondo é de cor granate como na cuberta. Nos debuxos do álbum chama a atención o gran tamaño que teñen os personaxes sobre os demais obxectos, sobre todo as súas cabezas, que son moito máis grandes que o resto do corpo. O texto é de cor negro e en cada páxina está distribuido en diferentes partes. As cores predominantes son a granate, o amarelo, a cor terra e o verde.

O álbum comeza cunha nai explicándolles aos seus fillos toda a auga que gastan habitualmente cando ve ao seu fillo lavar as mans baixo a billa. A partir desta vivencia cóntalles unha historia a cal ten por protagonistas dous xemelos que eran moi boas persoas, pero un veciño quería polos en contra para poder quedar cos seus terreos. Este argallou miles de situacións para que rifaran entre eles, pero coma eran tan bos e sempre se axudaban, nunca logrou os seus fins.
Potencionalidades educativas: este álbum ensina e transmite valores de bondade e solidariedade non so entre irmáns, se non entre todo o mundo, posto que o libro comeza pedindo non desperdiciar a auga xa que hai xente que a precisa e remata dicindo que vida só hai unha e hai que facer todo o que se poida polos demais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario