Castaño, Yolanda (2009). Punver de volta. Ilust. Eduardo Hermida. Vigo: Editorial Galaxia, col. Árbore, [32pp]. (ISBN: 978-84-9865-247-5)
Breve descrición de formato e contido: álbum ilustrado, con tapa dura e cun tamaño de 15cm x 19cm. O libro está encardernado en cartoné. No centro da cuberta pódese observar, a Punver, da especie dos punki-vermiño, enriba da imaxe do verme encontrase o nome da autora en branco, e observase o título do conto en color naranxa e por debaixo deste o nome do ilustrador. Tanto a cuberta como a contracuberta son de cor violeta. Na contracuberta encontrase con letra mais pequena e en cor naranxa a descripcion do verme. As gardas contan con tres cores vermello, o verde que ten en forma rectangular por debaixo e o rectangulo de leopardo que contén na parte dereita na primeira garda e na esquerda na garda do final do libro. As ilustracións destacan polo seu fondo tan colorista, polo collage, os seus debuxos e polas distintas formas que se poden observar como o cadrado, rectangulo, circulo etc. Tamen se observan utensilios e obxectos cotidians.
O conto relátanos a historia, en verso e rima, dun verme punki que é moi despistado, garda os libros na neveira, chega ao cole sen carteira e lle bota sal aos pasteis.E como, ademais, ten moito sono, quédase durmido en calquera lado, no terreo ou montado enriba dun cabalo. Na casa sempre lle din que calquera día vai perder a cabeza. Pero chegou por fin un día no que corrixiu o seu despiste: cando a nai lle dixo que tiña a crista moi longa e o mandou ao peiteado, e rematou deseguida porque esquecera a cabeza!
Potencialidades educativas: destaca polas súas formas , obxectos cotidiás e cores. A través deste libro os nenos/as poderán aprender a ser menos despistados e saber que os camiños a seguir a veces son difíciles pero que sempre se encontra unha solución para cada un de eles.
Recursos:
- É de gran interese este recurso, que consta dentro da colección Árbore:
Castaño, Yolanda (2006). Punver . Ilust. Eduardo Hermida. Vigo: Editorial Galaxia, col. Árbore, [26pp]. (ISBN: 9788482889603)
Ningún comentario:
Publicar un comentario