Carreiro, Pepe (2003). O angazo. Ilustr. Pepe Carreiro. Vigo: Editorial A Nosa Terra, col. Contos do camiño (28pp). ISBN: 84-96202-70-4 .
Texto e ilustracións por Pepe Carreiro en base a un conto popular cubano. O conto presenta un formato cuadrangular, de tapa dura e cunhas dimensións de 24.4 cm x 23 cm. A obra está recomendada para o lectorado de máis de 5 anos. O protagonista Pepiño, seus pais e os compañeiros da vila son representandos mediante debuxos de figuras humanas redondeadas e realistas que transmiten calidez, os fondos non teñen moito detalle, xógase moito cas luces e as sombras, utiliza cores máis vivas para representar o chan e cores máis escuras para o ceo. O autor utiliza imaxes a dobre páxina que facilitan o seguimento da lectura, chama a atención a dozura que transmiten os debuxos da xente da vila e dos pais de Pepiño, representando o día a día dos labregos e a situación precaria na que vivían.
Dende o punto de vista do contido, o protagonista da historia é Pepiño e o conto narra a súa historia dende que é un neno que traballa no campo e vive na pobreza e cómo volve despois de migrar cara as Américas en busca de fortuna,xa que volve algo “diferente”.
En canto as potencialidades educativas esta obra pódenos servir para tratar diferentes valores no aula, como poden ser a humildade, a xenerosidade, a autoestima ou a importancia de sentirse orgullosxs de donde vimos ou a nosa cultura a que son parte de nós, as nosas raíces. Nesta obra vemos como Pepiño volve das Américas cargado de cartos pero en lugar de compartir as riquezas cos seus pais e os amigos da infancia ten unha actitude fachendosa, negándose a recoñecer de donde ven, falando outra lingua por considerala “mellor” e mesmo non recoñece a súa ferramenta de traballo de cativo, o angazo, que representa a realidade o darlle nos morros. Polo tanto este conto ofrécenos unha ampla posibilidade de temáticas diferentes para traballar no aula.

Onde atopalo: Biblioteca Rosalía de Castro, Ourense.
Feito por: Chema Rivero
Ningún comentario:
Publicar un comentario