Desmond, Jenni (2013), Gato Vermello, Gato azul, trad. Rafa Salgueiro, Ilust. do autor. Madrid: Lata de Sal Editorial, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-941136-6-6).
Breve descrición do formato
e contido: álbum
ilustrado cun formato rectangular (21,6cm x 28cm). A cuberta e contracuberta é
de cartón duro o que favorece a manipulación e experimentación por parte dos
nenos e nenas. A cuberta amosa aos dous personaxes principais realizando unha
acción que nos suxire a trama da historia (dous gatos estanse dando as
costas... ¿por que será?). As imaxes aparecen sempre sobre un fondo branco o
que destaca as ilustración que ademais semellan estar pintadas con acuarelas e
outras con ceras de cores.
A historia trata sobre dous gatos que vivían na mesma casa. Gato Azul estaba
arriba e Gato Vermello abaixo. Cada vez que se vían nada bo ocorría, non se
levaban nada ben. Pero ningún dos dous coñecía o segredo inconfesable do outro.
Gato Vermello desexaba ser tan intelixente coma Gato Azul e Gato Azul soñaba
con ser tan áxil coma Gato Vermello. Pensaron que a solución sería volverse da
cor do outro, probaron a comer alimentos, por roupa ou incluso tinguirse para
cambiar de cor e ser como o outro, pero nada funcionaba. Pouco a pouco fóronse
entendendo e axudándose o un ao outro, e por fin realizaban todo tipo de cousas
rápidas, áxiles e intelixentes... sen decatarse de que se fixeran amigos sen
querelo!
Potencialidades educativas: este libro sérvenos para que os nenos e
nenas sintan curiosidade por coñecer máis sobre os gatos. É unha interesante
historia para traballar o valor da amizade cos nenos/as xa que non sempre desde
o principio conxeniamos con todo o mundo, pero en moitas ocasións, se coñecemos
un pouco máis á outra persoa é posible que vexamos que temos moitas cousas en
común con ela, ou incluso cousas que podemos aprender os uns dos outros, como
ocorre neste libro. Outro aspecto a destacar é o tema da autoestima, xa que
nesta idades xa comeza a ter un certo peso, por iso como mestres debemos potenciar
a autoestima dos nosos alumnos e facerlles ver o ben que senta cando nos din cousas
positivas e por iso tamén é importante saberllas dicir ao nosos compañeiros/as.
Outro tema é a felicidade, presente no libro, xa que ámbolos dous protagonistas
están a procura dela. É un fermoso tema para traballar con eles, podemos facer
na asemblea un pequeno debate de que é para eles a felicidade. Así, poderán
observar que a felicidade é moitas cousas distintas e sobre todo... para cada
quen ten unha concepción distinta. Por último, o libro ten agochados 56 ratos
que os máis pequenos/as terán que atopar ao longo de todo o libro, o que
fomentará a súa atención e o interese polos detalles.
Recursos de interese:
- CEIP COIRÓN (2016). Audio do libro: https://vimeo.com/146539112 (consultado o 17 de abril de 2018)
- E.E.I Monte da Guía (2017). Dramatización “Gato Vermello, Gato Azul”: http://montedaguia.blogspot.com.es/2017/11/carolina-gael-e-rosana-en-gato-vermello.html (consultado o 17 de abril de 2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario