luns, 7 de maio de 2018

O año que é un porquiño




Lammer, P (2018). O año que é un porquiño. Ilus Milja Praagman, trad María Alonso Seisdedos. A Coruña: Hércules de Ediciones, [32 pp.], (ISBN: 978-84-947770-0-4).

Breve descrición do formato e contido da obra:
Álbum ilustrado traducido do neerlandés. Título orixinal: Het lammetje dat een varken is. Encadernación en cartoné de tapa dura con 27x21 cm. Na cuberta podemos ver ao noso protagonista mentres que  a contracuberta descúbrenos a identidade real do año mirando unha bolboreta. Presenta unhas gardas de cor rosa, representando a cor dos porquiños. As ilustracións son moi sinxelas e complementan ao texto que acompaña.
    Como xa vimos na cuberta, o noso protagonista é un año, pero non un año calquera. Éste considérase así mesmo un porquiño e actúa como tal. Polo tanto os demáis años e máis os porquiños o ven coma un tolo, xa que revólvese na lama manchando o seu xersei branco. Ninguén entende nada, nin sequera o noso protagonista. O granxeiro levouno ao veterinario o cal tomou unha decisión para que o año se vise coma un porquiño e así poder seguir actuando como tal e que ninguén se extrañase.

Potencialidades educativas:
Podemos utilizar este álbum ilustrado como un instrumento para explicar aos nenos e nenas as diversas situacións de transxénero. Que o realmente importante é o que nós mesmos sentimos, sen importar a “carcasa”. Aínda que todo o mundo se extrañe do comportamento do año, éste en ningún momento púxose triste, simplemente extrañáballe que os demáis non o visen coma él. Polo tanto é ideal para falar cos nenos e nenas sobra xénero e identidade



Recursos de interese:
Rosa caramelo é un libro sobre unha elefanta incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo

Ningún comentario:

Publicar un comentario