luns, 7 de maio de 2018

Los miedos del capitán Cacurcias

Andrés, José Carlos, Los miedos del capitán Cacurcias, ilust. Sonja Wimmer, Madrid: NubeOcho, col. Somos 8, [40 pp.], (ISBN: 978-84-943691-2-4).



Breve descrición do formato e contido. Álbum ilustrado de tapa dura que trata unha historia na que o capitán Carcurcias empeza a ter medo de diferentes cousas. O narrador é en terceira persoa e preséntanos a este capitán, un pirata con moitos medos. Os seus tripulantes buscan solucións para sacarlle os medos. Propoñen unha idea para afastar aos seus temores. Desde este punto de vista, ofrécese unha visión distinta do universo da piratería, que se acostumou caracterizar pola presenza de homes malvados e terribles. Así móstranos que ata os máis rudos teñen medo. Esta historia de aprendizaxe recolle na cuberta o protagonista da nosa historia, que na súa cara xa reflicte ese medo que o fai diferente. A imaxe da cuberta ten continuidade coa contracuberta que mostra o fondo do mar. Nas cubertas atopamos ollos azuis que semellan as burbullas que podemos atopar no mar. As cores van cambiando segundo a situación na que se atopa o capitán. A colocación do texto axuda a seguir a historia tamén por medio da ilustración.

Potencialidades educativas. Esta proposta permítenos abordar, dun xeito ameno e lúdico, o tema do medo en xeral. Podemos utilizar esta obra para representala por medio de monicreques ou dramatizala mediante un contacontos. Móstranos que podemos romper cos estereotipos marcados e como todos podemos albergar fortalezas/debilidades que podemos mellorar.

Recursos de interese.
Conto en youtube:

Proposta de dramatización:


Ningún comentario:

Publicar un comentario