luns, 7 de maio de 2018

Caracol e Caracola


Quintero, Armando (2008). Caracol e Caracola. Ilust. de André Letria. Trad. Marisa Núñez. Pontevedra: OQO Editora, col. Caracoles,  24 pp. (ISBN: 978-84-96788-77-0).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado encadernado en cartoné, cunhas dimensións de 17x15 cm. É unha produción literaria narrativa co texto traducido ao galego. Na cuberta da obra atópase un debuxo do protagonista, Caracol, e a súa amiga, Caracola. Na parte superior está o título e, xusto debaixo, o nome do autor e o do ilustrador. Por último, na parte dereita da cuberta e en letra vertical, amósase o nome da editorial. As páxinas da obra atópanse completamente ilustradas. Estes debuxos acompañan a un texto sinxelo, o que facilita a súa lectura e complementa e enriquece a experiencia lectora.
A obra preséntanos a Caracol que, ao sair a dar un paseo, contempla nun charco o seu reflexo. Ao verse, non está moi agusto coa súa aparencia física e ao compararse cos demais animais da zona, cree que non ten as mesmas capacidades que o resto. Isto cambia cando coñece a Caracola. Grazas a ela, comeza a desfrutar das actividades que realizan xuntos e é capaz de atopar beleza ao mirarse de novo no charco

Potencialidades educativas: é perfecto para ser empregado co obxectivo de axudar aos nenos a desenvolver unha correcta autoestima e un bó autoconcepto. Ensínanos que non debemos compararnos cos demais e reforza a idea de que cada un, independentemente das nosas diferenzas, da nosa aparencia, capacidades… somos únicos e especiais.

Recursos atopados: para complementar a obra, dispoñemos de este vídeo, subido á mediateca da plataforma EducaMadrid, na que se realiza unha lectura da obra (en castelán) acompañada da proxección das imaxes do libro.

Tamén dispoñemos dunha presentación subida á plataforma Slideshare, onde tras unha presentación do conto, agréganse unha serie de actividades coas que complementar a obra. Esta presentación atópase en portugués, pero resultaría moi doado traducila. https://es.slideshare.net/CristinaCunhada/caracol-e-caracola

Ningún comentario:

Publicar un comentario