mércores, 9 de maio de 2018

Elmer y el abuelo Eldo


McKee, David. (2012). Elmer y el abuelo Eldo. Ilust. do autor, trad. Irene Pons. Barcelona: Beascoa. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-488-3309-1).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado, de tipo narrativo, de tapa dura escrito en lingua castelá. Na cuberta podemos observar aos dous protagonistas da historia, Elmer e Eldo, rodeados de varios paxaros e un coello sobre unha paisaxe colorida. O título da obra está situado enriba dos protagonistas. Deste hai que destacar que tanto o nome do neto como o do avó están escritos en maiúsculas, aínda que o de Elmer está nun tamaño de letra máis grande. Ademais, o nome de Elmer está escrito en cor violeta e o resto do título en amarelo. Finalmente, na cuberta podemos observar tamén o nome do autor, neste caso debaixo dos personaxes. Na contracuberta aparece un resumo da historia, acompañado de outros títulos da serie. Ademais, podemos observar a dous monos, acompañados tamén de varios paxaros, sobre o mesmo fondo da cuberta. As gardas mostran unha paisaxe que representa un bosque no que volven a estar presentes os xa mencionados paxaros. A portada está composta por unha imaxe de Elmer e Eldo, ambos coa cabeza contra unha árbore, e novamente polo título da obra enriba dos personaxes e o nome do autor debaixo. Al ilustracións do libro son moi coloridas e cabe destacar que en todas elas, ou en case todas, se poden observar os paxaros, os coellos e os monos que aparecen na cuberta e na contracuberta.
O conto relátanos unha nova aventura de Elmer, o elefante multicolor. Neste caso, Elmer faille unha visita ao seu avó Eldo para recorrer con el o camiño que facían xuntos cando era pequeno. Ao parecer, o seu avó no recorda nada, nin o camiño, nin os xogos, nin as cancións, nin os contos que lle contaba ao seu neto. Finalmente, resulta que todo é unha broma do avó Eldo, pois como todos saben os elefantes teñen moi boa memoria.

Potencialidades: este conto, que está dirixido a nenos de entre 0 e 5 anos, pode ser moi útil para traballar valores como o amor ou o respecto cara aos nosos avós, esas persoas que nalgunhas ocasións son os encargados de coidar e criar aos nenos, ou que polo contrario son ‘esquecidos’ polas familias. Ademais, este conto invita aos nenos a disfrutar da compañía dos avós mediante textos sencillos, repetitivos, con onomatopeas e cancións.

Recursos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario