mércores, 9 de maio de 2018

¿Cuándo se irán estos?


Krause, Ute. (2011). ¿Cuándo se irán estos?  Ilust. da autora, trad. Christiane Reyes. Barcelona: Juventud. [26 pp.]. (ISBN: 978-84-261-3826-2).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado, de tipo narrativo, de tapa dura escrito en lingua castelá. Na cuberta pódese observar un fondo vermello, que no medio presenta a imaxe dos personaxes da historia. O título da obra, escrito en cor vermella,  está situado enriba dos personaxes e o nome da autora aparece enriba do título. Na contracuberta atopamos un fragmento da historia, a modo de resume, e a imaxe do neno protagonista levando un carro cun bebé dragón, todo sobre un fondo vermello. As gardas son simplemente un fondo branco como o da portada, na cal se observa no centro unha pequena imaxe do neno protagonista e, de novo, o título da obra e o nome da autora enriba desta. As ilustracións que se poden observar son de dous tipos: as que cubren toda a páxina, que sempre representan un paisaxe ou a habitación dunha casa, e as que simplemente representan a un ou varios personaxes. Cabe destacar, que as primeiras nalgúns casos non van acompañdas de texto.
O libro conta a historia dun neno que, xunto aos seus irmáns Erwin, Bruni, Rodri, Emi, Mili e Eric, ten que afrontar una situación nova, estraña e confusa: o divorcio dos seus pais. Este feito provoca que os nenos vaian dunha casa a outra, ata que un día ao chegar á casa do pai descubren que este xa non vive so. Agora tamén viven alí a nova parexa do pai, unha princesa, e os seus fillos. Pronto xurden os problemas, pois os nenos non se entenden coa súa nova familia. É por isto, polo que deciden probar todos os trucos que se lles ocorren para que se vaian. Finalmente, consígueno, pero entón danse de conta de que o seu pai está triste sen a princesa e os seus fillos, así que deciden ir buscalos. Ao final, podemos ver como se organiza unha festa, á que está invitada a nai dos rapaces, quen tamén atopou de novo o amor (no seu caso cun dragón verde).

Potencialidades: este conto será unha boa ferramenta para traballar e falar cos nenos sobre a separación dos pais e a chegada de novos membros á familia, xa que se aborda o tema con sentido de humor e optimismo. Isto pode axudar a que os nenos que estean pasando por unha situación similar o vexan dende unha perspectiva máis motivadora. Tamén pode ser útil para falar sobre a solidariedade, xa que no libro se ve que, aínda que os nenos non se levan ben coa súa nova familia, estes finalmente van a buscalos e axúdanlles a volver a casa.


Recursos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario