mércores, 9 de maio de 2018

O libro apestoso





Cole, Babette (1996). El libro apestoso. Ilust. la propia autora, trad. Francisco Segovia, coord.Daniel Goldin.México: Fondo de Cultura Económica,col. Ala orilla del viento, [32pp]. (ISBN:968-16-4559-6)
Breve descrición  de formato e contido: álbum ilustrado, de tapa dura cunha encadernacion  en cartoné, de 21,5 x 28 cm. No centro da cuberta observase un animal: o porco, enriba del vense o título do libro e o nome do autor. No título xa se retrata polas formas das letras de que pode ir o contexto do interior. Tanto a cuberta coma a contracuberta son de cor marrón. Nas gardas son iguais tanto no principio coma no final, nelas observanse  catro porcos camiñando nun fondo amarelo, acompañado un dos porcos por unha frase. As ilustracións acompañan o texto cuns debuxos moi particulares, que están feitos coa intención de realzar e esaxerar as estelas dos olores; é dicir, o mirar só o debuxo, xa te das de conta do que ves  ole moi, pero moi mal. Os personaxes que van aparecendo teñen todos os detalles necesarios para que se vexan realmente apestosos.




Potencialidades educativas: O libro apestoso xoga cos sentidos dos nenos/as, con el podemos traballar co olor, o olfato, os recordos que estos despertan,  as imaxes que se nos veñen á cabeza, etc. Esta viaxe polos malos cheirumes é moi divertida, porque lles fai recordar dende o olor dos calcetins ata as bolsas de lixo.

Recursos:
É de gran interese:
  • Agreda, Jose Luís (2009). Carla: ¡BUENAS NOCHES!. Barcelona :Planeta, [10]. (ISBN: 9788408088172)

Ningún comentario:

Publicar un comentario