mércores, 9 de maio de 2018

Cantiga do Mazarico




Pita, Emilio (2010). Cantiga do Mazarico. Ilust. Isabel Pintado. A Coruña:  Espiral Maior, col. Lúa lueira,[24 pp]. (ISBN:978-84-92646-55-5 )


Breve descrición  de formato e contido: álbum ilustrado, cun tamaño 22x 21 cm,  tapadura e consta dunha encadernación rústica. É o  primeiro poemario infantil da literatura galega. A cuberta mostra un fondo azul escuro,onde se poden observar dous debuxos : unha lúa e un paxaro “O Mazarico”, enriba dos debuxos cara a esquerda aparece o título do libro: Cantiga de mazarico, e debaixo o nome do autor e da ilustradora. Na parte central e inferior tamén aparece o nome da colección; Lúa Lueira mais a poesía para nenos e nenas co nome da editorial: Espiral Maior. Na contracuberta encontrámonos cun fondo tamén azul escuro.
As gardas do libro están decoradas coas ilustracións do interior, pero aquí atópanse dentro de cadrados brancos pequenos.  A ilustración que sae na cuberta é a mesma ilustración dunha das follas que podemos encontrarnos no interior do volume. As ilustracións destacan pola  gama de cores cálidas e suaves. Pódese observar que todas as páxinas están ilustradas co mazarico protagonista en diferentes situacións e os versos teñen forma de diálogo con preguntas ao paxaro sobre quen pica o seu pico e respostas segundo as cales pica no herbal, nas graíñas de sol, no rama e a flor e nas gotas da luz de lúa.
Na primeira folla, aparece debuxado un mazarico, e na páxina que lle segue, atopamos o poema Cantiga do mazarico enteiro.  No resto das páxinas do libro tamén aparece escrito o mesmo poema, pero este dividido en dous ou tres versos en cada folla. A Cantiga do Mazarico  destaca pola súa linguaxe, rima e musicalidade sobre un fondo agradable das ilustracións cunha lectura visual de envolvente lirismo.


Potencialidades educativas: Os cativos/as  deberían traballar  co xénero da poesía, xa dende pequenos xa que  esta é un bo recurso para súa iniciación e achegamento a lingua e a cultura popular. A   poesía é sinxela é contribúe á memorización, xa que nun primeiro momento, ó comezo, móstrase a cantiga enteira, e para reforzar a súa memorización, nas follas seguintes vaise repetindo.
Con ela coñecerán  novo vocabulario relacionado coas aves e poderán utilizala para cantar xa que pode resultar máis amena e entretida para os nenos o traballo con este tipo de poesía.

Recursos:

É de gran  interese para os mediadores a colección de “Lúa Lueira” que ten outro libro de poesía  chamado “Parece unha rosa”.
De Castro, Rosalía ( 2011). Parece unha rosa. Ilust, Isabel Pintado. A Coruña: Espiral Maior, [24 pp]. (ISBN-13: 9788492646548)

Vídeo dun grupo de nenos/as recitando “ A cantiga do mazarico” na escola_ https://www.youtube.com/watch?v=b8z1E47sbO0

Nesta páxina descubriredes outras moitas cantigas populares, sobre esta ave “ o mazarico” .

Ningún comentario:

Publicar un comentario