luns, 7 de maio de 2018

Críctor



Ungerer, Tomi. (2011). Críctor Ilust. do autor, trad. Silvia Pérez. Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [30 pp.]. (ISBN: 978-84-8464764-5)

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de 28x20 cm de tipo narrativo. A cuberta e a contracuberta son de cartoné. Na cuberta aparece o título en letras maiúsculas en cor rosa sobre un fondo branco. Debaixo do título aparece o retrato dunha señora cos ollos pechados e medio sorrindo. As ilustracións ocupan case toda a páxina senón toda a páxina, debaixo das ilustracións atópase o texto que ocupa entre unha e dúas liñas. As ilustracións son de tipo figurativo xa que representan a realidade. Están realizadas cun toque minimalista con acuarelas que so resaltan as cores negras, verdes e salmón sobre un fondo claro. As cores representan respectivamente a serpe e a señora. a sinxeleza dos debuxos que acompañan o texto contribúe a centrar a atención dos lectores na mensaxe que este pretende transmitir.
A narrativa textual deste álbum céntrase nunha pequena vila francesa, onde a señora Madame Louise Bodot recibe un paquete do seu fillo que está en África. No paquete ven a protagonista da historia que é unha boa constrictora. Humanizada polo agarimo da Madame, Críctor convértese nun enxeño con múltiples aplicacións: ensina e xoga cos nenos, colabora no fogar, axuda na comunidade.

Potencialidades educativas: a obra permite reflexionar sobre valores como a solidaridade, a diversidade, a familia, o altruismo, a bondade, a valentía. Nas ilustracións podemos atopar algunhas letras do abecedario que están formadas polo corpo da serpe e que van acompañadas dun pictograma ao que fan referencia, tamén atopamos números do mesmo xeito cas letras do abecedario. Por outro lado, é un conto traducido a diferentes linguas como o galego, castelán, catalán e portugués e recibiu diferentes premios en Europa como por exemplo: libro infantil destacado de 1940-1959 (ALA), Lista de honor Fanfare 1959 (The horn book). Está incluído no Programa Nacional de Lectura de Portugal (Pnl Portugal).

Recursos de interese:
Guía do libro:
http://www.lectoresenred.com.mx/lectoresenred/sesiones/tmp/Guia%20Crictor.pdf

Contacontos:
Susana Romero Castillo: Cuento Críctor
https://www.youtube.com/watch?v=FeoHaRRgMKQ&t=43s


Ningún comentario:

Publicar un comentario