luns, 7 de maio de 2018

Petra


Bansch, Helga (2007). Petra. Ilust. Do autor, traduc. Eva Mejuto. Pontevedra: OQO Editora, col. O, [ 36 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-002-1).

Breve descrición e contido da obra: albúm ilustrado, de forma rectangular(25 x 23 cm) en lingua galega. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. A cuberta amósanos o título da obra aparece en letras maiúsculas na metade esquerda na parte superior, enriba deste atópamos o nome da autora e na esquina inferior dereita aparece a editorial, todos eles de cor vermellón. Nunha zona máis centrada da cuberta aparece a ilustración da protagonista da historia, a elefanta Petra, cunha fita métrica e uns pesos, deste modo danos unha pista do contido da obra. Na contracuberta aparecen outras personaxes que forman parte da historia. Presenta gardas no inicio e no final do conto, de cor laranxa e con pequenos debuxos de insectos. Todo o conto amosa cores chamativas e vivas, nelas aparecen todos as personaxes que conforman o relato, todos eles animais salvaxes, representados nunhas ilustracións moi pintorescas.
Un narrador vai contando a historia de Petra e os diálogos das personaxes que interveñen nela. Petra é unha elefanta que pensa que ten moitos defectos e non se acepta a si mesma pola súa imaxe persoal, intenta de forma reiterativa modificala. Ao final do relato aceptase a si mesma e consegue ser feliz tal e como é tal e como le dicía súa nai "A gordura é fermosura!".

Potencialidades: a partir de esta obra pódese traballar un tema, o aspecto físico, un gran dilema que causa diversas opinións na sociedade actual. A autora pretende que os nenos vexan esta situación na que se encontra a nosa protagonista dende outro punto de vista. Temos que potenciar a súa aceptación, seguridade, o seu autoconcepto e a súa autoestima . É un tema moi interesante para traballar cos nenos xa que dende unha idade moi temprana intentan imitar moitas imaxes distorsionadas coa realidade. Temos que premiar e valorar a diversidade e as diferencias de cada un dos nosos alumnos, e tamén que se valoren entre eles, tanto en características físicas como psíquicas.
Podemos traballar con que os propios nenos aporten a súa opinión e conclusión sobre o relato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario