mércores, 25 de abril de 2018

Veo veo ¿Qué ves?




Mantle, Ben (2011). Veo veo, ¿Qué ves?. Ilust. do autor. Barcelona: La Galera, col. Libros juego, [10 pp.]. (ISBN: 978-84-246-3736-1).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de marcado carácter poético, escrito en lingua castelá. É de formato cadrado, ao presentar un tamaño de 24 x 22 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura de cartoné. Na cuberta aparece un neno sorprendido, e o seu pelo e de cor verde, onde pola contracuberta do conto podemos introducir a man e mover o pelo do neno facendo aos nenos e nenas participes da lectura. As imaxes que nos mostra son coloristas e pensadas para chamar  á atención dos nenos e nenas, ademais axudarlle aos nenos e nenas a adiviñar
As ilustracións e a letra do conto están distribuídas dunha maneira moi visual, xa que nun lado da paxina a adiviña, e na outra o debuxo do que sería.  Este conto de adiviñas en todo momento os nenos e nenas teñen que descubrir que e o pelo verde do neno que aparece na cuberta, e en cada paxina e algo diferente.



Potencialidades educativas: os cativos con este libro de adiviñas deixarán voar a súa imaxinación, e disfrutarán movendo o pelo do neno en cada paxina e descubriran novas texturas e desenvolverán mellor a súa comprensión lectora. Ademais aprenderán e ampliarán o seu  vocabulario e estruturas lingüísticas máis sofisticadas, que contribúen ao desenvolvemento do pensamento abstracto, a establecer relacións co mundo que os rodea e a gozar coa linguaxe e as súas posibilidades.


Recursos de interese:
  • Arrhenius, Ingela P. (2017). ¿Donde está el señor búho?. Ilust. do autor. Barcelona: Planeta S.A, col. Libros con texturas, 10 pp. (ISBN: 978-84-08-16500-2).
  • Arrhenius, Ingela P. (2018). ¿Donde está el señor león?. Ilust. do autor. Barcelona: Planeta S.A, col. Libros con texturas, 10 pp. (ISBN: 978-84-08-17762-3).
  • Arrhenius, Ingela P. (2017). ¿Donde está la señora gallina?. Ilust. do autor. Barcelona: Planeta S.A, col. Libros con texturas, 10 pp. (ISBN: 978-84-08-16499-9).
  • Arrhenius, Ingela P. (2017). ¿Donde está la señora mariquita ?. Ilust. do autor. Barcelona: Planeta S.A, col. Libros con texturas, 10 pp. (ISBN:  978-84-08-17761-6).

Ningún comentario:

Publicar un comentario