mércores, 25 de abril de 2018

Eu cociño, ti cociñas?



Mosquera Roel, Gloria (2017). Eu cociño, ti cociñas?. Ilust. María Lires, trad. do autor Madrid: Galaxia Editorial, col. Sonárbore [26 pp.]. (ISBN: 978-84-9151-089-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado escrito en lingua galega. É de formato cadrado, cunhas dimensións de 24x21 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece unha tixola con un peixiño e diferentes hortalizas e na contracuberta aparece unha espumadeira e un ovo nun prato. As imaxes que podemos atopar no seu interior son grandes, vistosas e moi coloristas pensadas para chamar a atención dos nenos e nenas. Ademais en cada receita que aparece no conto, o ingrediente principal e o debuxo que ocupa esa paxina. O texto deste conto consta da propia receita e dunha canción rimada relacionada co ingrediente principal da receita. O conto trae un CD con todas as cancións que neste aparecen.




Potencialidades educativas: os nenos e as nenas descubriran novas receitas que poderán facer cos seus compañeiros. Este conto esta cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores, e ademais poderán aprender a cociñar a través da musica, divertíndose a vez. Este libro e adecuado para traballar na aula, para que así os nenos e nenas traballen todos xuntos, e aprendan conceptos novos dunha maneira lúdica


Recursos de interese:

  • Blog do colexio CEIP de Sigüeiro (Oroso, A Coruña). Eu cociño, ti cociñas?. http://eucocinoticocinas.blogspot.com.es/





Ningún comentario:

Publicar un comentario