LOLA ES VERGONZOSA
Aránega, Mercè, (2001).Lola es vergonzosa. Zaragoza: Edelvives, col.
La rana Lola, [24pp.], (ISBN:84-263-4454-2).
Breve descrición do formato e contido da obra:
O formato do libro é cadrado, cun tamaño pequeno de 20x20cm. O material
exterior é de cartoné, mentres que por dentro é de páxina branda. Na cuberta
aparece a protagonista mentres que na contracuberta aparece a información sobre
outros compoñentes da colección. Tanto a ilustración da cuberta como a da
contracuberta que é moito mais sinxela, amosan unha pista de onde se vai a
desenvolver toda a acción. Aínda que aos cativos lles custe algo máis
interpretar a obra. O título amosa claramente o asunto central do volume. A
imaxe ilustrada é referente en todo o conto, polo que mostrarán máis atención
ao ir pasando as páxinas. A acción que se está contando en cada páxina, incluso
se pode entender o relato só observando as ilustracións. O texto é moi breve, o
formato da letra é marcado e as letras son arredondadas. A obra é sinxela de
ler, carece de onomatopeas e a penas contén oracións exclamativas e
interrogativas. Trata de darlle pouca importancia ao resto de personaxes que
non sexan a protagonista. As cores pretenden ser unha redundancia da mensaxe do
texto. As ilustracións recrean espazos abertos, no campo, no medio da natureza,
o río,as árbores, o día e a noite. O texto está disposto na maior parte dos
casos nunha ou noutra páxina.
En cuanto ao contido trata dunha ra chamada Lola á cal lle gusta cantar
pero por medo non o fai diante de ninguén. Un día de saída coa súa familia ao
campo decide afastarse e cantar. O que non sabía era que estaba sendo escoitada
polo resto de animais presentes no campo. O asombro levouno cando rematou e
todos, amigos e descoñecidos, saíron do seu recuncho para aplaudirlle e
felicitala tras a súa actuación.
Potencialidades da obra
Este conto é unha obra que no ámbito de educación infantil se podería
empregar para tratar un dos sentimentos co que, ao meu parecer, o pasan peor os
nenos, a vergoña. Este é un sentimento que se non se trata de paliar, de levalo
mellor, carrexa problemas na vida adulta. O propio título indica a temática da
obra. É interesante este libro para esta etapa, xa que pode que os nenos se
identifiquen máis doadamente co personaxe dunha obra que con outro compañeiro,
xa que ten o exemplo de qué fai a protagonista para que a vergoña non lle
afecte ás súas facetas da vida cotiá. Por outro lado, este libro forma parte
dunha gran colección onde a protagonista vive diferentes experiencias. Ademáis
fomenta unha lectura visual amena e creativa na que se plasman valores como solidaridade
e a amizade. Este é un libro para imaxinar a partir das imaxes a historia que
se conta, ademais tamén serve para familiarizarse coa natureza e tal e como se
van narrando os feitos favorécese a memorización.
Recursos de interese
Propostas de lectura desta autora:
Lola quiere ir a la luna
Lola se va a la selva
Ningún comentario:
Publicar un comentario