mércores, 25 de abril de 2018

Os Wombis e os cueiros





Rebumbio, Emilia (2017). Os Wombis e os cueiros. Ilust. Irene Sanjuán. Vigo:Galaxia,  [Idade 0-3 ],  [28 pp.]. (ISBN:978-84-9151-095-6).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado literario de tipo narrativo, en lingua galega.
De formato rectangular, tapa dura, está composto por 28 páxinas, todas elas ilustradas e algunhas acompañas dun pequeno texto. As cubertas son grosas e  de cartoné. Na dianteira aparece o nome da autora e da ilustradora, ademais do título do conto e o nome da editorial, tamén podemos observar unha ilustración que fai referencia a un dos Wombis: a imaxe  dun Wombi abrazado a unha árbore. Na contracuberta na parte superior atopamos un breve resumo. Na parte inferior atopamos o ISBN e a editorial.
Trátase dun conto que forma parte dunha coleción na que os animais, chamados Wombis, contan historias para axudar as nenas e nenos do mundo nas súas primeiras etapas. Este conto en concreto axúdalle aos cativos en concreto a deixar de empregar os cueiros mediante diversas aventuras.

Potencialidades: Con este conto traballaremos a coeducación xa que rompe cromatismos de xénero, non ten protagonistas marcados e as cores que se empregan son neutras, non como na maioría dos contos que empregan o rosa para as nenas e o azul para os nenos, ademais das cores que se utilizan para a vestimenta tamén as cores das imaxes son neutras tirando a pastel.  Por outra banda podemos observar que trata temas xerais que afectan tanto a  nenas coma a  nenos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario