luns, 30 de abril de 2018

Un amigo como tú



Schomburg, A. e Röttgen, B. (2007). Un amigo como tú, ilustr. Sean Julian. Barcelona: Beascoa Editora. [32 pp]. (ISBN: 978-84-488-4727-2).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de tapa dura e follas de cartolina de dimensións 252 x 287 mm. Pódese observar que a cuberta e a contracuberta, ao igual que no resto das ilustracións están envoltas en tons cálidos e mergulladas nun entorno natural. As cores e tons (amarelo, marrón e laranxa) desvélanos a estación na que se desenvolve a historia, o Outono. No final do libro, cando se fai de noite, as ilustracións e o fondo son máis escuros, excepto a lúa e os personaxes. Por outra parte, as ilustracións tamén xogan coa claridade e coas distintas luces que hai ao longo do día, amosando o paso das horas.
Un amigo como tú é unha historia sobre un esquío e un paxaro que se coñecen e deciden facerse amigos, moi amigos, sen pensar nas súas diferenzas. Pouco a pouco, vanse decatando das grandes desigualdades e diferenzas que hai entre eles, como por exemplo, que o paxaro non pode trepar as árbores ou que tampouco come landras, pero iso non impide que sexan amigos e podan axudarse o un ao outro e crear unha boa amizade.

Potencialidades educativas: Ademais de traballar o valor da amizade, pódense traballar temas como o traballo en equipo, a aceptación, a solidariedade, a empatía… Por outra parte, coñecementos importantes como os animais e as súas características, as estacións do ano, as diferenzas que existen entre todas as persoas, as potencialidades de cada persoa, a tolerancia e o respecto cara os demais, valor fundamental.

Recursos de interese:
#Hoyleemos  Un amigo como tú. Narración do conto con imáxenes. https://www.youtube.com/watch?v=r7kKe-JZlbc

Ningún comentario:

Publicar un comentario