Bonilla, Rocío (2018). Irmáns. Ilust. Da autora, trad. Elvira Riveiro. Alzira: Algar [48 pp.]. (ISBN: 978-84-9142-149-8).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura, cunhas dimensións de 24 x 26,5cm. Está encadernado en cartón duro cunha tapa de pintura vernizada polas dúas caras. Este libro está composto por dúas cubertas, en sentidos diferentes, unha está cara arriba e outra cara abaixo. Unha é de cor amarela e outra de cor azul claro. En ambas, aparece o título da obra en branco, centrado na parte superior da portada, o nome da autora, e no centro aparece a imaxe de dous irmáns. Na portada de cor azul, aparece a ilustración da irmá maior chamando macaco ao seu irmán, o cal aparece con trazos característicos dun macaco. Na portada de cor amarela, aparece a ilustración do irmán pequeno chamando rinoceronte á súa irmá, a cal aparece con trazos característicos dun rinoceronte.
En canto as ilustracións, o autor das mesmas é o propio creador do conto. A maioría das ilustracións encóntranse sobre un fondo branco. A cara dos personaxes transmítenos en todo momento as súas emocións e nós mesmos podemos imaxinar o que pensan tan só observando a súa imaxe, sen necesidade de ningunha explicación, son debuxos moi expresivos. As ilustracións están feitas con lapis, detalle a detalle e empréganse cores suaves.
Por outra banda, en canto ao texto, podemos observar que está escrito en galego, que hai pouco texto e que este ten unha letra clara e fácil de ler. A nivel lingüístico, utiliza unha linguaxe fácil e concisa, adecuada para os máis pequenos. O contido da historia está narrada desde dous puntos de vista diferentes, o da irmá maior e por outro lado o do irmán pequeno. Cando fala a nena, esta cóntanos que non lle gusta o seu irmán pequeno, para ela é un “macaco”, que sempre estraga os plans coas súas amigas, é un estorbo. Sempre toca as súas cousas e acaba rompéndoas, nunca para quieto, aínda que, cando non está, sempre o bota de menos, no fondo sabe que non é tan malo. Cando narra a historia o neno, este comeza dicindo que a súa irmán é unha “rinoceronte”, porque o fai sentir pequeno, el é moi enxeñoso e divertido, pero ela...unha aburrida, sempre se enfada con el, é unha abusona, pero sempre lle axuda a superar obstáculos, e ademais, non ten medo aos monstros polas noites, é unha valente, no fondo ser tres para o irmán pequeno tampouco é tan malo, pero...Tressss?
Potencialidades: esta obra ilustrada móstranos a relación tan especial que hai entre irmáns, que a pesar de pasar moito tempo pelexados, quérense máis que a nada. Moitos nenos pódense sentir reflexados con estas historias, pero tamén, adolescentes e persoas máis maiores. Este libro podería ser unha boa maneira de traballar a rivalidade que ás veces aparece entre irmáns. Outro aspecto a destacar é a estrutura que ten este libro, pódese considerar que hai dous contos dentro dun, pois a historia está contada desde dúas perspectivas diferentes, a da irmá e a do irmán, ambas unidas na metade do conto coa aparición do que parece ser un novo irmán. Cabe destacar que a historia se pode comezar tanto pola portada narrada pola nena como pola narrada polo neno.
Recursos en liña:
Impliquo (2018). Reseña libro Hermanos (Rocío Bonilla). Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=Tb4vElvwpz4 (Consultado el 13/04/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario