luns, 30 de abril de 2018

Primavera divertida



Steer, Dugald (2003). Primavera divertida. Derek Matthews, trad. Ana María Romero Yebra.
Enxeñería do papel Richard Hawke. Madrid: Fundación Santa María, [20 pp.]. (ISBN: 84-348-9094-1).

Descrición breve do formato e contido da obra: edición pop-up dun álbum ilustrado, no cal os
animais debuxados sobresaen do libro, creando un efecto de proximidade e interacción co lector.
Cada dúas páxinas aparece representado un fondo sobre o cal aparecen os animais, debuxados de
maneira sinxela pero con cores vivas que dan sensación de alegría. No referido ao texto, está escrito
en castelán, cor negra e letra grande, e para cada animal só hai un pequeno parágrafo referido a el,
sendo isto suficiente para que os lectores o identifiquen e coñezan algo característico del. Ademais, o
texto é rimado, o que lle da musicalidade, algo que resultaría moi atractivo se lle lésemos en alto o
libro a un neno ou nena. En canto ao contido, dentro deste libro atopámonos os seguintes animais:
esquío, galiña, polo, bolboreta, verme, coello, cegoña, cabra, pato, porco, gato, ra e ovella. Non hai
unha historia que comunique aos personaxes entre eles, pero si existe un tema común que fai que o
libro cobre sentido: a primavera. Polo tanto, nas páxinas deste álbum descríbese o que fan todos os
animais xa citados durante esta estación: algúns acaban de nacer, outros xogan coas flores que crecen,
outros xogan coas súas familias… De maneira que os lectores poden imaxinarse a vida destes seres
vivos.  

Potencialidades educativas: grazas a este libro, os nenos e nenas poderán aprender lendo e xogando
moitos aspectos relacionados con animais que, a maioría, poden ver na súa vida cotiá, e ademais
estarán introducidos no mundo da rima, o cal é moi beneficioso xa que axuda no sentido do ritmo e
tamén a facer xogos de palabras, aprendendo máis vocabulario. Por outra banda, que os animais
sobresaian do papel resulta sorprendente e moi divertido, polo que este libro axudaríalles tamén a
interaccionar con outros nenos, xa que poden tocar os animais e mover as páxinas para que os pregos
do papel fagan que os personaxes adquiran diferentes formas, como por exemplo a cegoña cando se
abre a páxina abre as ás e cando se pasa á seguinte as pecha. Por último, a través dos animais e das
paisaxes que se poden ver no libro, os nenos coñecerán trazos propios da primavera.

Recursos didácticos de interese e estudos sobre a obra: como complemento para a lectura
interactiva desta obra, recoméndase este vídeo, xa que reforza os conceptos que trata o libro sobre a
primavera dunha forma amena e diferente:
  • CantaJuegos, “la primavera” (consultado o 15/4/18 de
https://www.youtube.com/watch?v=eFZsUKt_3g8).

Ningún comentario:

Publicar un comentario