luns, 30 de abril de 2018

Tengo miedo





Moses, Brian (1994). Tengo miedo. Ilust. de Mike Gordon. Pontevedra: Edelvives, col. Tus sentimientos, 31 pp. (ISBN: 84-263-2915-5).

Breve descrición do formato e contido da obra: libro ilustrado de tapa dura. É unha produción literaria narrativa co texto en castelán. Na cuberta atopamos o título e un debuxo da protagonista sobre un fondo escuro, no que se reflicte o medo que ten a nena á escuridade, adiantándonos parte do contido da obra. En cada unha das páxinas, o texto vén acompañado de distintas imaxes que axudan a imaxinar as situacións que lle ocorren á nena. Nas dúas últimas páxinas atopamos unha serie de indicacións, dirixidas a pais e nais e mestras e mestres nas que se suxire algunhas actividades para traballar cos nenos e nenas.
O libro presenta  en cada páxina unha ou varias situacións que adoitan darlle medo. Na cara esquerda amósase cada unha desas situacións que lle produce medo á nosa protagonista (as arañas, o primeiro día de colexio…), mentres que na dereita aparece a  solución ou a explicación que a nena atopa para poder loitar contra ese medo.




Potencialidades educativas: este libro ilustrado é axeitado para axudar a que os nenos e nenas entendan mellor as situacións que lles dan medo e os sentimentos que estas provocan. A contraposición entre situacións parellas nas que os sentimentos son tamén contrarios favorece que os máis novos encontren a solución e empaticen coa protagonista, de modo que se crea un referente que lles pode axudar a se enfrontaren aos seus medos e inseguridades dun modo máis eficaz e a entender a causa dos seus sentimentos e aprender a controlalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario