domingo, 29 de abril de 2018

Os fantasmas non petan na porta


Canal, Eulàlia (2016). Os fantasmas non petan na porta. Ilust. Rocio Bonilla Raya, trad. Elvira Riveiro Tobio. Alzira: Algar Editorial, [40 pp] (ISBN: 978-84-9142-116-0).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de forma cadrada e de tapa dura e grosa. Na cuberta atopamos o título en letras grandes e aos tres protagonistas da historia. O oso con expresión de dúbida, de non entender nada, e a marmota e o pato con expresión de medo, intentando predicir o que acontecera durante a historia. Na contracuberta aparece un breve resumo da obra e un debuxo, feito con carbón, dunha casa de onde sae unha pantasma da cheminea. As gardas son de cor branco e a portada presenta o mesmo debuxo que a contracuberta acompañado do título do libro. No interior as ilustracións son realmente expresivas e simpáticas, con moitos detalles e texturas que resaltan ademais do gran colorido que presentan. Realizadas con trazos finos e pintadas ca técnica das acuarelas. Esta obra é a historia de dous grandes amigos que sempre xogan xuntos, Oso e Marmota. Encántalles atopar tesouros xuntos ou cantar e bailar coma se fosen estrelas. Pero unha tarde, Oso dille a Marmota que invitou a Pato a xogar con eles. Marmota lonxe de alegrarse, entristecese moito. A Marmota non lle gusta Pato. Nin Pato, nin ningún outro animal que poda romper a súa amizade con Oso. Por iso está decidida a evitar que Pato xogue con eles. E será capaz de facer todo o que sexa necesario.

Potencialidades educativas: é unha obra centrada nunha historia de amizade, pero tamén nun tema moi importante coma o son os celos. Con esta historia os máis pequenos e pequenas aprenderán que abrir o círculo a outros amigos non ten porque ser negativo nin botar nada a perder. Os sentimentos que sente Marmota están escritos detalladamente e con moita compresión, o que facilitará a identificación dos cativos e cativas ca protagonista. Ademais é moi importante destacar que o xeito no que se resolve a historia é moi adecuado e pode servir de exemplo para nenos e nenas que sintan celos. Tamén dicir que o humor que envolver toda a obra, incluídos os diálogos, non deixa indiferente a ninguén e consegue que os nenos desfruten e se metan na historia por completo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario