Serrano Vreugde,
Berta (2015). Nacido del corazón.
Ilust. Alfonso, Serrano Vreugde. Madrid: Kókinos, col. Emociones. [35 pp],
(ISBN: 978-84-16126-10-1).
Breve descrición do formato e
contido: álbum ilustrado, de forma rectangular (23,5x29 cm) e
de pouco volume. Consta dunha cuberta e contracuberta de tapa grosa.
Na
cuberta, no centro, móstrasenos o título en letras maiúsculas, nun ton
alaranxado e cun paxaro pequeno pousado na letra “D”. Ao carón pódese ver unha
muller co corazón sobresaíndo do seu peito. Na parte inferior, atópanse os
nomes da autora, do ilustrador e mais da editorial. Todo isto, sobre un fondo
que simula unha paisaxe; un ceo azul moi claro, polo que voa outro paxaro e un
solo laranxa do que medra unha flor-bolboreta. Na contracuberta preséntase a
mesma paisaxe cun paxaro voando na parte esquerda e, pola contra, na parte dereita
atópase a un home collendo ás costas á mesma muller que aparece na cuberta e un
bebé.
As
gardas seguen a mesma paisaxe que as anteriores pero nun ton azul máis forte e
o un prado verde. Na portada, ao igual que na cuberta, aparecen o titulo na
parte superior, no lado esquerdo o nome da autora coa flor-bolboreta e no
dereito a editorial e o ilustrador cun paxaro voando. No centro aparece a
muller co corazón sobresaíndo do seu peito.
As
páxinas do interior son grosas e de textura suave. As imaxes son moi coloristas
e os personaxes teñen siluetas surrealistas. A narración mostrase nunha das
páxinas cun fondo de cor sólido e na outra, aparecen as ilustracións.

Potencialidades educativas:
con este álbum podemos achegar aos máis pequeno e pequenas unha historia
baseada en feitos reais, en concreto a da autora. A historia duns pais e o seu
fillo adoptado. Serve para explicarlles este proceso de amor incondicional polo
que pasan varias familias, tanto a esas crianzas adoptadas coma ao resto de
nenos e nenas para que medren en diversidade e comprendan as diferentes orixes
e clases de familias que hai.
É
un libro que salienta o amor sobre todas as cousas.
Recursos:
- Lluvia al pasear (24/01/2017). Nacido del corazón-entrevista a Berta Serrano. [Mensaje en un Blog]. Recuperado de URL http://www.lluviaalpasear.com/2017/01/nacido-del-corazon-entrevista-berta.html?spref=fb
- Mamá y naiara leemos Libros infantiles (10/09/16). Nacido del corazón [Archivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=uszFg2DnZ0
- Sterling Publishing (26/08/13). Born From The Heart, book trailer [Archivo de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=UGDTKtjADvU
Ningún comentario:
Publicar un comentario