Docampo, Xavier P., Cobas Xosé (2005). De cores e de amores, ilust. Fausto Isorna, Vigo: Editorial Galaxia, [15 pp.] (ISBN: 9788482888606).
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado non narrativo de pequeno formato. As cubertas son de tapa dura e con esquinas sobresaíntes.
Na cuberta podemos ver a imaxe dunhas pingas de cores e unha mancha de cor vermella, a cal nos pode dar unha pista sobre o contido do libro. O título do libro está dividido en dúas partes e no medio atópase a imaxe da mancha vermella. Na parte inferior atópanse os nomes dos autores. No lombo podemos ver unha continuación da cuberta, xa que neste caso volvemos observar as pingas de cores e unha mancha de cor azul, ademais dun texto que nos pode dar a entender de que pode ir o interior do libro.
As gardas están cubertas por cores diferentes, máis azuis na parte anterior e máis alaranxado na posterior.
Con referencia ao contido da obra, esta composta por pequenas imaxes dispostas ao longo das páxinas ocupando sempre o espazo de dúas láminas. Estas imaxes son pingas de cores que fan diferentes xestos (mezclarse, xuntarse, unirse…) As letras son de gran tamaño e están situadas en lugares de fácil visibilidade, normalmente ocupando as dúas láminas.
Esta obra fálanos do amor e da súa diversidade. Tamén ten en conta a necesidade que teñen as persoas de querer e ao mesmo tempo, de sentirse queridos, independentemente da cor, porque xuntos pódense crear novas cores.
Potencialidades educativas: con esta obra podemos traballar o concepto de amor cos máis pequenos, e a súa vez transmitirlles a importancia de sentirse queridos. Ademais tamén podemos abordar o concepto de diversidade apreciando o que nos aporta a obra na que vemos que cada pinga é dunha cor, estas cores xúntanse dando así lugar a novas cores, a novas vidas como son os paxaros, o ceo… Esta obra serve para explicar o concepto de autoestima, o aprecio que os nenos teñen de si mesmo, e esta daralle xogo para sentirse máis queridos e apreciados polos demais, ven sexan compañeiros ou familiares.
Recursos en liña:
- Andersen, Hans Christian (1984), El Patito Feo, San Sebastian: Saldaña, col. POP, [6 pp.] (ISBN: 84-7297-078-7).
Este é outra obra clásica, na que se explica tamén o concepto de diversidade. O patiño feo, é de cor diferente ao resto dos seus irmáns pero non por iso deixan de querelo.
- Mckee, David (2015), Elmer, ilust. do autor, North Sidney: Random House Australia, [32 pp.]. (ISBN: 978-1-84270-731-9).
Este é un libro complementario para poder traballar a diversidade, trátase dun elefante chamado Elmer, que é diferente a todos os demais xa que el é de cores. Finalmente, dase conta que todos o queren igual aínda que sexa diferente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario