sábado, 28 de abril de 2018

Las princesas también se tiran pedos

“Las princesas también se tiran pedos”



Referencia bibliográfica : Brenman, Ilan (2011). Las princesas también se tiran pedos. Ilust.Ionit Zilberman. Valencia : Algar, [ idade +5 anos] , [ 32 pp ] , ( ISBN: 978-84-9845-315-7 ). Tradu. Josep Franco Martinez.

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo, en lingua castelá.
De formato rectangular, tapa dura, está composto por 32 páxinas, todas elas ilustradas e acompañadas dun pequeno texto. As cubertas son grosas e  de cartoné. Na dianteira aparece o nome da autora e do ilustrador, ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración que fai referencia ao título: a imaxe  dunha nena cun vestido saltando cara o lector. Na contracuberta aparece a parte de atrás do corpo da nena co vestido e vese como do vestido sale un peido.
Na parte superior atopamos un breve resumo do comezo da historia para provocar curiosidade no lector.
Trátase dun conto dunha nena moderna que chega da escola preocupada e con unha dúbida, o seu pai interesouse polo que lle preocupaba e a nena preguntoulle se as princesas botábanse peidos, esperando que o pai dixera que iso era imposible pola contra e o pai contestoulle que si. A nena sorprendeuse moito xa que un rapaz na escola afirmoulle que Cenicienta tirábase moitos peidos e ela non o cría, para seguir informándose o seu pai foi na busqueda do libro secreto das princesa onde habia un capitulo de problemas gastrointestinales e flatulencias das princesas mais famosas do mundo e ali foise enterando de que moitas das suas princesas favoritas tiñan flatulencias e que era algo natural e ainda que votaran peidos seguían a ser unhas princesas.

Potencialidades: Este conto baséase na renovación do concepto que se ten das princesas, lonxe de  estereotipos (Delicadas, educadas e moi moi femininas), por iso no conto se explica que as princesas poden ser de moitas maneiras e ter comportamentos do mais naturais. Ademais as ilustracións de todo o relato son realizadas con cores neutras, non connotadas. Coa lectura deste conto podemos transmitirlle aos nenos e nenas que cada persoa é diferente que as princesas tamén son naturais e teñen necesidades como calquera outro ademais de que se cambia a imaxe e os estereotipos das princesas, dando paso a unhas moito mais modernas.Así conseguirase cambiar a mentalidade da sociedade e construír un mundo máis coeducativo.

Recursos:

  • Video conto realizado por “CEIP Soledad Alonso Gádor Audio” cuento preparado por alumnado de segundo ciclo por el 25 de Noviembre,m contra la violencia de genero https://www.youtube.com/watch?v=jvNJefdk64c  Data de consulta 20 de marzo 2018.

Ningún comentario:

Publicar un comentario