Maguire, Arlene (1995). Todos somos especiales. Ilust. Sheila Lucas. trad. Yanitzia Canetti, León:
Everest, [ 33pp]. (ISBN: 84-241-3181-9).
Everest, [ 33pp]. (ISBN: 84-241-3181-9).
Breve descrición do contido e formato da obra: Libro ilustrado de tapa branda escrito en castelán. Na cuberta temos o título do libro, a editorial a que pertence e todos os personaxes que podemos atopar dentro da obra; como poden ser animais e seres humanos totalmente diferentes. Tamén chama moito a atención as cores tan vivas que se presentan na cuberta, dando xogo ao traballo e coñecemento das cores cos nenos e nenas.
Na contracuberta volven aparecer os personaxes do libro máis un pequeno resumen que di que aínda que todos e todas sexamos distintos, en realidade iso é o que nos fai especiais. Cada páxina conta con ilustracións e cun breve parágrafo onde riman as estrofas.
Potencialidades: Este libro ensínanos que todos e todas somos diferentes, e iso é o que nos fai especiais e únicos. É un bo libro para traballar cos nenos e nenas a comprensión de que cada un deles é diferente e sobre todo a autoestima.
Con este libro pódese traballar a autoestima dunha maneira para que o alumnado vexa que aínda sendo diferentes e ter distintos gustos, é o que necesitamos xa que na diversidade hai riqueza.
A nosa propia imaxe fórmase na primeira etapa de vida, e este libro pode ensinarnos a sentirnos orgullosos de ser quenes somos, de forma que cando un remata de ler ou contar o libro, comprende que é especial e único e a verdadeira importancia de ser así.
Recursos:
Propostas de contos para traballar a autoestima co alumnado de Educación Infantil. http://www.clubpequeslectores.com/2018/01/cuentos-infantiles-fomentar-autoestima.html
Consultado o 14/04/2018.
Propostas para traballar a autoestima e a importancia da diversidade en Educación Infantil https://somosigualessomosdiferentes.wordpress.com/acerca-de/ Consultado o 17/04/2018.
Ningún comentario:
Publicar un comentario